Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

La Mediacion

Que é a mediación?

 

A Mediación é un proceso voluntario para resolver os conflitos, no que dous ou máis partes involucradas nun conflito traballan cun profesional imparcial, o mediador, cuxo obxectivo é axudar ás partes en conflito a xerar as súas propias solucións para resolver as súas diferenzas.

É unha alternativa aos Tribunais de Xustiza, que se caracteriza por ser un proceso non vinculante, no cal as partes controlan en todo momento a súa participación e buscan unha solución válida para ambas, en lugar de deixar a decisión final en mans dun terceiro que poida adoptala. En tanto non haxa un acordo escrito e asinado polas partes, nada do manifestado, ofertado ou discutido considérase vinculante entre as mesmas.

Constitúe unha fórmula válida e aceptada no Estado de Dereito que permite ás partes en disputa unha solución previa ao que constituíse un litixio. A Mediación ofrece unha oportunidade de gañar unha maior comprensión do conflito, e limitar o custo (tanto en tempo como en diñeiro) que implica un procedemento legal completo.

Tentar unha mediación non supón a renuncia ao dereito a acudir aos tribunais ou á arbitraxe. Se a mediación non resulta exitosa, mantense o dereito a acudir aos mesmos. Así mesmo, desenvólvese nun intervalo de tempo “determinado”, polo que a maioría das mediacións en ámbito civil/mercantil resólvense en entre dous e catro sesións.

 

Que conflitos poden ser mediados?

 

Poderán ser obxecto de mediación, sendo a seguinte relación unha lista aberta:

a) As controversias de carácter civil e mercantil, nacional ou internacional.

b) Os conflitos que se presenten entre unha sociedade e o seu órgano de administración, calquera que sexa a súa configuración estatutaria.

c) Os conflitos que se presenten entre unha entidade e os socios, partícipes ou membros daquela.

d) Os conflitos que se presenten entre os socios, participes ou membros dunha entidade.

e) As reclamacións de cantidade.

f) Calquera outros ámbitos da actividade civil e mercantil.

g) Os asuntos que legalmente sexan encomendados para o seu inicio ou resolución por este procedemento.

 

Quen e como se pode solicitar a mediación?

 

A mediación pode ser solicitada por:

- Unha das partes nunha controversia. Nese caso, Media-Consello contactará coa outra parte ou as outras partes para pescudar se están dispostas a participar na mediación.

- As partes poden convir en solicitar conxuntamente a mediación.

 

Para solicitar a mediación debe enviarse o [formulario de solicitude] ao Consello Galego de Colexios de Economistas, a través dun das seguintes canles:

Facéndoo chegar ao calquera Colexio de Economistas ou de Titulados Mercantís de Galicia.

Facéndoo chegar directamente ao Consello Galego de Colexios de Economistas:

- Por correo postal ou entrega directa na sede do Consello. Facultade de Económicas. Avda. do Burgo, s/n. 15782 Santiago de Compostela.

- Por mail a consellogalego@economistas.org.

 

Procedemento de mediación

 

1. Envío do formulario de solicitude de mediación. [Descargar formulario]

2. Posta en contacto de Media-Consello coa parte que non solicitase a mediación, no seu caso.

3. Aprobación do procedemento pola Comisión de Control de Media-Consello (a Comisión determinará se se cumpren os requisitos para iniciar un proceso de mediación).

4. Designación de mediador. O mediador poderá ser designado polas partes, de non ser así a Comisión de Control procederá á designación. En casos de complexidade poden nomearse dúas ou máis mediadores.

5. Celebración da sesión informativa. Esta é unha primeira toma de contacto das persoas en conflito co mediador, na que o mediador ou mediadores informarán as características do proceso de maneira detallada.

6. Abono dos dereitos por apertura do expediente.

7. Celebración da sesión constitutiva. Na mesma as partes expresarán o seu desexo de desenvolver a mediación e deixarase constancia dos principais aspectos do proceso de mediación.

8. Celebración das sesións de mediación. A duración do procedemento será o máis breve posible e as súas actuacións concentraranse no número mínimo de sesións. A duración máxima será de dous meses, prorrogables como máximo un mes máis.

9. Terminación do procedemento. O procedemento de mediación pode concluír en acordo ou finalizar sen alcanzar o devandito acordo. A acta final determinará a conclusión do procedemento.

 

Custo da mediación

 

Os custos da mediación inclúen os dereitos de apertura, xestión e administración do Servizo de Mediación do MEDIA-CONSELLO, así como os honorarios e gastos dos mediadores debidamente justificados.

Dereitos de apertura, xestión e administración: 1% sobre contía cun mínimo 30,00 €.

Honorarios dos mediadores:

- Por cada sesión, da 1ª á 3ª: 60,00 €

- Por cada sesión, a partir da 4ª: 90,00 €

En caso de co-mediación, incrementarase o prezo das sesións nun 50 %.

En todo caso a sesión informativa será gratuíta.

Documentos

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade