Acordo para a prestación de asistencia pericial á Administración de Xustiza da Xunta de Galicia
En 2010, o Consello Galego de Economistas asinou un acordo coa Dirección Xeral de Xustiza, ratificado mediante convenio coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para a prestación de asistencia pericial á Administración.
Xestión da designación de peritos
O convenio establece que o Consello Galego de Economistas encárgase de xestionar a designación de profesionais para:
Pola súa banda, a Administración garante aos economistas designados a correspondente compensación económica dentro das condicións convidas.
Procedemento de funcionamento
Compensación económica
A contía das compensacións réxese pola Orde de 11 de xuño de 2018, sendo os importes establecidos os seguintes:
En casos excepcionais de especial complexidade, o profesional pode solicitar unha ampliación do número de horas. Esta solicitude debe presentarse de forma xustificada ante o xulgado correspondente, que, se o considera procedente, trasladará a petición á Dirección Xeral de Xustiza para a súa aprobación. As horas adicionais terán unha tarifa de:
Gastos de xestión
O Consello repercute un gasto de xestión do 10% dos honorarios facturados, cun mínimo de 50 euros, en concepto das xestións realizadas polos nomeamentos e cobros.
Compromiso dos peritos designados
Os profesionais inscritos nas listas do TAP do Consello asumen a obrigación de aceptar os encargos designados, salvo causa de forza maior debidamente xustificada e comunicada por escrito.
O incumprimento deste compromiso, sen causa xustificada, dará lugar á exclusión do TAP por un período de dous anos, aplicable ao catro ámbitos provinciais que integran o Consello.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org