O Rexistro de Mediadores de Media-Consello está integrado polos economistas e titulados mercantís que se atopen inscritos en calquera dos Colexios de Economistas e/ou de Titulares Mercantís de Galicia, e que estean á súa vez inscritos no Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación do Ministerio de Xustiza.
O mediador poderá elixir o ámbito xeográfico no que desexa actuar podendo abarcar toda a Comunidade Autónoma galega ou ben unha ou varias provincias da mesma. Este ámbito deberá ser compatible co establecido polo propio mediador no Rexistro de Ministerio de Xustiza.
Como se xera a lista de mediadores?
Unha vez constituído o Rexistro de Mediadores coas inscricións dos colexiados interesados procederase a elaborar a quenda de actuación confeccionándose unha lista por orde alfabética; o inicio da mesma determinarase por sorteo. A lista conterá os datos identificativos e de contacto do mediador, así como o seu ámbito xeográfico de actuación.
En que orde incorpóranse as solicitudes que se produzan a posteriori?
As incorporacións que se realicen a posteriori faranse secuencialmente ocupando o último lugar da lista.
Como se realiza a designación?
No caso de que as partes non designen directamente, farao a Comisión de Control. Designarase ao primeiro mediador da lista que indicase como ámbito xeográfico de actuación, polo menos, o ámbito provincial no que haxa de desenvolverse a mediación.
Dita designación consumirá quenda, polo que, unha vez efectuada a mesma, o mediador pasará a ocupar o posto final da lista, independentemente de que elixise máis dun ámbito de actuación.
Do mesmo xeito consumirá quenda a designación de mediador polos propios solicitantes.
Inscrición no Rexistro de Mediadores de Media-Consello
Para solicitar a inscrición debe facerse chegar ao Colexio de Economistas ou de Titulados Mercantís ao que pertenza o interesado a seguinte documentación:
- Formulario de solicitude. [Descargar]
- Certificado de colegiación.
- Copia do DNI.
- Acreditación da inscrición no Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación do Ministerio de Xustiza.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org