A Xunta Directiva do Consello Galego de Colexios de Economistas aprobou no seu día establecer un servizo de mediación en asuntos civís e mercantís, ao amparo das atribucións conferidas pola Lei 5/2012, de mediación en asuntos civís e mercantís.
Esta norma modifica a Lei 2/1974 de Colexios Profesionais atribuíndolles competencias no ámbito da mediación e a arbitraxe. Con esta finalidade elaborouse e aprobou un Regulamento para regular o servizo de mediación do Consello, así como un protocolo de funcionamento.
Sinalar que o termo Media-Consello é unha denominación que se utilizou no propio Regulamento como abreviatura de Servizo “de Mediación en Asuntos Civís e Mercantís do Consello Galego de Colexios de Economistas”.
Tendo en conta que se contratou seguro de responsabilidade civil e realizada a inscrición do Consello como Institución de Mediación no Rexistro do Ministerio de Xustiza, procede pór en marcha e difundir este servizo.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org