Media-Consello é un servizo prestado polo Consello Galego de Colexios de Economistas, no ámbito de mediación civil e mercantil, e con alcance na Comunidade Autónoma de Galicia. Este servizo está a disposición das persoas físicas ou xurídicas que o demanden e dos Tribunais de Xustiza nos supostos previstos legalmente.
O Consello Galego é unha Corporación de Dereito Público, amparada pola Lei e recoñecida polo Estado, que ten interese en promocionar a mediación como método alternativo á vía xudicial na resolución de conflitos e está facultado para iso como entidade de mediación por así dispolo o artigo 5, apartado ñ), da Lei 2/1974 de Colexios Profesionais, achándose inscrita no Rexistro de Entidades de Mediación do Ministerio de Xustiza.
Para poder intervir como mediador nos procesos de mediación desenvolvidos en Media Consello é necesario estar inscrito no Rexistro de Mediadores do Consello Galego de Colexios de Economistas.
- Lei 5/2012, de 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís.
- Real Decreto 980/2013, de 13 de decembro, polo que se desenvolven determinados aspectos da Lei 5/2012, de 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís.
- Regulamento do servizo de mediación en asuntos civís e mercantís do Consello Galego de Colexios de Economistas.
- Protocolo de funcionamento do Rexistro de Mediadores do Consello Galego de Colexios de Economistas.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org