Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Curso de iniciación á cata de viños

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
22/12/2011-12/01/2012
Matrícula:
30/12/2011-12/01/2012
Celebración:
13/01/2012-27/01/2012
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Iniciamos con este curso un novo programa de accións lúdico-formativas, que responde ao dobre obxectivo de cumprir cunha das accións incluídas no programa da nova  Xunta de Goberno e de fomentar o contacto persoal entre compañeiros.

 

Contamos para este primeiro curso coa experiencia de Luís Lopez Paadín, Director Técnico-Catador de Servino, primeira empresa en Galicia na organización de eventos e presentacións vinícolas e gastronómicas.

 

Luís López Paadín, é Máster en Viticultura e Enoloxía pola Facultade de Ciencias de Ourense, Presidente da Asociación  Galega de Catadores, profesor de Análise Sensorial e Servizo en 10 Escolas de Hostalaría, e asesor de de viños en numerosos restaurantes, distribuidores e adegas. No seu extenso curriculum destacan o ser galardoado coa Medalla de bronce no II Campionato Galego de Catadores, Campión nacional do Concurso Europeo “Embaixadores do Champagne 2005-2006, membro de numerosos concursos nacionais a internacionais, da Federación Internacional de Xornalistas e Escritores de viño e  Espirituosos, Vicepresidente da Asociación de Catadoras de Galicia e unha infinidade de colaboracións e nomeamentos relacionados co mundo da enoloxía que o converten, sen dúbida, nun docente de excepción.

 

Esta primeira incursión no mundo da cata, que no caso de que goce de boa aceptación terá continuidade con novas convocatorias e cursos máis avanzados, componse de tres sesións que terán unha duración de entre dúas horas e media e tres horas, celebradas en tres venres consecutivos.

 

 

Datas e horario: 13, 20 e 27 de xaneiro 2012 en horario de 18,00h a 20,30/21,00

 

Lugar de celebración: Servino C/ Europa, nº 3 baixo. A Coruña (ver mapa na sección documentos)

 

Materiais:

-        2 – 3 catavinos por alumno

-        1 champanera por cada 4 alumnos

-        1 xerra de auga cada 4 alumnos (ou botella de auga)

-        1 paquete de picos (pan) por sesión

-        1 xogo de sabores

-        1 xogo de aromas

-        1 temario por alumno

-        Fichas de cata

-        Información complementaria

-        Sacacorchos, decantadores, enfriadores, etc.

 

Temario:

-        O Viño: orixes e cultura

-        Viticultura: morfoloxía da vide, ciclo vexetativo, factores de produción.

-        Enoloxía: vinificación de Viño branco, rosado, tinto e espumosos

-        Xeografía enológica de España

-        A Cata: análise sensorial, técnica, vocabulario de cata.

-        Servizo de Viños: accesorios, temperaturas, descorche, etc.

 

Matrícula: 100 euros.

Aforamento máximo 15 asistentes.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade