
| Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
| 
        Preinscripción:  22/12/2011-12/01/2012  | 
      
        Matrícula:  30/12/2011-12/01/2012  | 
      
        Celebración:  13/01/2012-27/01/2012  |    
    |
| 
        Formación:  | 
      
        Áreas de formación:  | 
      
        Acceso:  Aberto. Previa inscripción.  | 
    |
Iniciamos con este curso un novo programa de accións lúdico-formativas, que responde ao dobre obxectivo de cumprir cunha das accións incluídas no programa da nova Xunta de Goberno e de fomentar o contacto persoal entre compañeiros.
Contamos para este primeiro curso coa experiencia de Luís Lopez Paadín, Director Técnico-Catador de Servino, primeira empresa en Galicia na organización de eventos e presentacións vinícolas e gastronómicas.
Luís López Paadín, é Máster en Viticultura e Enoloxía pola Facultade de Ciencias de Ourense, Presidente da Asociación  Galega de Catadores, profesor de Análise Sensorial e Servizo en 10 Escolas de Hostalaría, e asesor de de viños en numerosos restaurantes, distribuidores e adegas. No seu extenso curriculum destacan o ser galardoado coa Medalla de bronce no II Campionato Galego de Catadores, Campión nacional do Concurso Europeo “Embaixadores do Champagne 2005-2006, membro de numerosos concursos nacionais a internacionais, da Federación Internacional de Xornalistas e Escritores de viño e  Espirituosos, Vicepresidente da Asociación de Catadoras de Galicia e unha infinidade de colaboracións e nomeamentos relacionados co mundo da enoloxía que o converten, sen dúbida, nun docente de excepción.
Esta primeira incursión no mundo da cata, que no caso de que goce de boa aceptación terá continuidade con novas convocatorias e cursos máis avanzados, componse de tres sesións que terán unha duración de entre dúas horas e media e tres horas, celebradas en tres venres consecutivos.
Datas e horario: 13, 20 e 27 de xaneiro 2012 en horario de 18,00h a 20,30/21,00
Lugar de celebración: Servino C/ Europa, nº 3 baixo. A Coruña (ver mapa na sección documentos)
Materiais:
- 2 – 3 catavinos por alumno
- 1 champanera por cada 4 alumnos
- 1 xerra de auga cada 4 alumnos (ou botella de auga)
- 1 paquete de picos (pan) por sesión
- 1 xogo de sabores
- 1 xogo de aromas
- 1 temario por alumno
- Fichas de cata
- Información complementaria
- Sacacorchos, decantadores, enfriadores, etc.
- O Viño: orixes e cultura
- Viticultura: morfoloxía da vide, ciclo vexetativo, factores de produción.
- Enoloxía: vinificación de Viño branco, rosado, tinto e espumosos
- Xeografía enológica de España
- A Cata: análise sensorial, técnica, vocabulario de cata.
- Servizo de Viños: accesorios, temperaturas, descorche, etc.
Matrícula: 100 euros.
Aforamento máximo 15 asistentes.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
                    15782 Santiago de Compostela.
                    Localización: Ver ubicaciones
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
 Correo electrónico: consellogalego@economistas.org