Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

O alcance obxectivo da suspensión das liquidacións tributarias

Lugar de celebración: A Coruña
Preinscrición:
08/09/2010-28/09/2010
Matrícula:
13/09/2010-28/09/2010
Celebración:
28/09/2010-28/09/2010
Formación:
Áreas de formación:
Fiscal.
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Obxectivo

Cada vez é máis frecuente que as liquidacións tributarias viradas pola Axencia Tributaria xeren relevantes efectos alleos á propia obrigación de ingreso. Casos paradigmáticos deste fenómeno son as regularizacións que, no ámbito do IS, levan a redución ou eliminación de bases  impoñibles negativas, ou de deducións sobre a cota (xeradas e non aplicadas), ou o cuestionamiento dos axustes ao resultado contable, ... Esta situación tamén se produce no IVE coa minoración ou eliminación das cotas soportadas deducibles. En todos estes supostos (e en bastantes máis), en caso de impugnación interesará lograr a suspensión total da liquidación recorrida ao obxecto de poder aplicar preventivamente eses créditos mentres se resolve o asunto de fondo, e aí é onde se sitúa o asunto obxecto do relatorio: a administración e os tribunais -ambos con honrosas excepcións- adoitan interpretar a suspensión como circunscrita única e exclusivamente ao pago, sen estendela a estes outros efectos colaterais de carácter extrarrecaudatorio. O relatorio versa sobre este extremo de máximo interese (económico e conceptual), apuntando argumentos e liñas de defensa para preservar os lexítimos dereitos dos contribuíntes.

 

 

Relator
Javier Gómez Taboada
Avogado Tributarista
Director en Galicia de Ernst & Young Avogados

Data, horario e lugar de celebración
28 de setembro, ás 19:00 horas.
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º, A Coruña

Matrícula
Colexiados e persoal dos seus despachos: gratuíta. (Poderá asistir o titular do despacho ou un membro do seu persoal no seu lugar).


PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade