Lugar de celebración: A Coruña | |||
Preinscripción: 08/09/2010-28/09/2010 |
Matrícula: 13/09/2010-28/09/2010 |
Celebración: 28/09/2010-28/09/2010 |
|
Formación: |
Áreas de formación: Fiscal. |
Acceso: Aberto. Previa inscripción. |
Cada vez é máis frecuente que as liquidacións tributarias viradas pola Axencia Tributaria xeren relevantes efectos alleos á propia obrigación de ingreso. Casos paradigmáticos deste fenómeno son as regularizacións que, no ámbito do IS, levan a redución ou eliminación de bases impoñibles negativas, ou de deducións sobre a cota (xeradas e non aplicadas), ou o cuestionamiento dos axustes ao resultado contable, ... Esta situación tamén se produce no IVE coa minoración ou eliminación das cotas soportadas deducibles. En todos estes supostos (e en bastantes máis), en caso de impugnación interesará lograr a suspensión total da liquidación recorrida ao obxecto de poder aplicar preventivamente eses créditos mentres se resolve o asunto de fondo, e aí é onde se sitúa o asunto obxecto do relatorio: a administración e os tribunais -ambos con honrosas excepcións- adoitan interpretar a suspensión como circunscrita única e exclusivamente ao pago, sen estendela a estes outros efectos colaterais de carácter extrarrecaudatorio. O relatorio versa sobre este extremo de máximo interese (económico e conceptual), apuntando argumentos e liñas de defensa para preservar os lexítimos dereitos dos contribuíntes.
Relator
Javier Gómez Taboada
Avogado Tributarista
Director en Galicia de Ernst & Young Avogados
Data, horario e lugar de celebración
28 de setembro, ás 19:00 horas.
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º, A Coruña
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicaciones
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org