
| Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
| 
        Preinscrición:  02/11/2010-17/11/2010  | 
      
        Matrícula:  05/11/2010-17/11/2010  | 
      
        Celebración:  17/11/2010-17/11/2010  |    
    |
| 
        Formación:  | 
      
        Áreas de formación:  Auditoría.  | 
      
        Acceso:  Aberto. Inscrición previa.  | 
    |
O pasado 20 de outubro, publicáronse no Boletín Oficial do Estado, dúas Resolucións do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, polas que se someten a información pública, tanto a modificación da sección 3 das Normas Técnicas de Auditoría, publicadas por Resolución de 19 de xaneiro de 1991, relativa ás Normas Técnicas sobre Informes, como a Norma Técnica de Auditoría sobre Información Comparativa: cifras comparativas e contas anuais comparativas.
O prazo de información pública é de dous meses, polo que se supón que as novas Normas Técnicas de Auditoría entrarán en vigor a inicios de 2011, co que serán aplicables para as auditorías das contas anuais correspondentes ao exercicio 2010.
O obxectivo deste seminario é analizar os cambios máis significativos que se derivan destas novas Normas Técnicas de Auditoría.
2 horas lectivas
Data, horario e lugar de celebración 
17 de novembro 2010,  de 16:30 a 18:30 horas 
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º, A Coruña
Gratuíta para colexiados, prazas limitadas rigorosa orde de inscrición
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
                    15782 Santiago de Compostela.
                    Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
 Correo electrónico: consellogalego@economistas.org