Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Novas NTA de Informes e de Información Comparativa

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscripción:
02/11/2010-17/11/2010
Matrícula:
05/11/2010-17/11/2010
Celebración:
17/11/2010-17/11/2010
Formación:
Áreas de formación:
Auditoría.
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

Obxectivo

O pasado 20 de outubro, publicáronse no Boletín Oficial do Estado, dúas Resolucións do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, polas que se someten a información pública, tanto a modificación da sección 3 das Normas Técnicas de Auditoría, publicadas por Resolución de 19 de xaneiro de 1991, relativa ás Normas Técnicas sobre Informes, como a Norma Técnica de Auditoría sobre Información Comparativa: cifras comparativas e contas anuais comparativas.

 

O prazo de información pública é de dous meses, polo que se supón que as novas Normas Técnicas de Auditoría entrarán en vigor a inicios de 2011, co que serán aplicables para as auditorías das contas anuais correspondentes ao exercicio 2010.

 

O obxectivo deste seminario é analizar os cambios máis significativos que se derivan destas novas Normas Técnicas de Auditoría.

 

Relator
Manuel Pardo Mosquera
Economista. Auditor de contas. Socio de AT Consultores. Vogal do Consello Directivo e Presidente do Comité de Normas e Procedementos do REA

 

Duración

2 horas lectivas

Data, horario e lugar de celebración
17 de novembro 2010,  de 16:30 a 18:30 horas
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º, A Coruña

Matrícula

Gratuíta para colexiados, prazas limitadas rigorosa orde de inscrición

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade