Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
Preinscrición: 11/11/2014-23/11/2014 |
Matrícula: 11/11/2014-23/11/2014 |
Celebración: 24/11/2014-24/11/2014 |
|
Formación: |
Áreas de formación: |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
Sen ningunha dúbida, o recoñecemento dos ingresos en tempo e forma acertadas constitúen unha tarefa non sempre sinxela. O amplo abanico de modalidades comerciais empregadas nas vendas de bens e as prestacións de servizos, esixen do profesional da contabilidade e das finanzas unha análise sosegada de todas as circunstancias precedentes, concomitantes e posteriores á facturación que analiza.
Ademais, a Norma Internacional de Auditoria 240 incorpora unha novidade significativa: presúmese a existencia dun risco de fraude no recoñecemento dos ingresos, requiríndose que no suposto de querer rexeitar a presunción anterior, será preciso deixar documentadas as razóns susténtano.
O importe neto da cifra de negocios constitúe unha relevante magnitude contable, fiscal, mercantil,…, que se apoia nunha contabilización acertada dos ingresos. A transferencia dos riscos e beneficios significativos inherentes á propiedade acompañada dun cambio no control e na xestión dos activos, marca o punto de inflexión para o reflexo do ingreso.
En ocasións será mester desagregar os distintos compoñentes dunha transacción aparentemente única; noutros casos será o oposto, deberanse aglutinar operacións supostamente distintas pero que responden a unha única compravenda.
A valoración dos ingresos pode revestir dificultades cando a contrapartida sexa non monetaria, intercámbiense bens ou servizos. Igualmente, as operacións en divisas, as vendas con cobro aprazado, os descontos e outros incentivos,.., ou as prestacións de servizos de duración prolongada presentan unhas singularidades a estudar.
Lembrar así mesmo que a Orde 733/2010 alterou sensiblemente os criterios de contabilización das subvencións, e tamén o ICAC evacuou consultas que afectan de cheo ao rexistro dos ingresos. En resumo, con este seminario preténdese indagar sobre a acertada contabilización dos ingresos e a interpretación atinada das múltiples cláusulas presentes actualmente nas compravendas e as prestacións de servizos, analizando o seu impacto na Cifra de Negocios, magnitude da que se derivan importantes repercusións xurídicas posteriores.
Organizan
Colexios de Economistas e de Titulados Mercantís da Coruña
Programa
*Ver documento adxunto
Juan Luís Domínguez
Economista. Auditor de contas. ECIF. Profesor Titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Barcelona. Experto en NIC/NIIF e Reforma Contable
4 horas lectivas
Sede do Colexio de Economistas
Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
De 16,00 a 20,00 horas
Estes cursos son computables na súa totalidade como materia de auditoría e contabilidade, a efectos das obrigacións de formación continuada, establecidas pola normativa de auditoría vixente. |
|
Así mesmo serán computados a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento da Quenda de Actuación Profesional do Colexio.
Matrícula
|
Xornada completa |
AEF adaptado novo PGC |
Recoñecemento de ingresos |
Colexiados e persoal dos seus despachos: |
125,00 € |
75,00 € |
75,00 € |
Membros REA e persoal dos seus despachos: |
100,00 € |
60,00 € |
60,00 € |
Outros participantes: |
200,00 € |
120,00 € |
120,00 € |
[INSCRICIÓN CURSO AEF ADAPTADO Ao NOVO PGC]
[INSCRICIÓN CONXUNTA A AMBOS OS CURSOS]
Descontos: 10% segunda e sucesivas matrículas
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org