Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

O recoñecemento de ingresos e as subvencións

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscripción:
11/11/2014-23/11/2014
Matrícula:
11/11/2014-23/11/2014
Celebración:
24/11/2014-24/11/2014
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

A Coruña, 24 de novembro de 2014

 

Sen ningunha dúbida, o recoñecemento dos ingresos en tempo e forma acertadas constitúen unha tarefa non sempre sinxela. O amplo abanico de modalidades comerciais empregadas nas vendas de bens e as prestacións de servizos, esixen do profesional da contabilidade e das finanzas unha análise sosegada de todas as circunstancias precedentes, concomitantes e posteriores á facturación que analiza. 

Ademais, a Norma Internacional de Auditoria 240 incorpora unha novidade significativa: presúmese a existencia dun risco de fraude no recoñecemento dos ingresos, requiríndose que no suposto de querer rexeitar a presunción anterior, será preciso deixar documentadas as razóns susténtano. 

O importe neto da cifra de negocios constitúe unha relevante magnitude contable, fiscal, mercantil,…, que se apoia nunha contabilización acertada dos ingresos. A transferencia dos riscos e beneficios significativos inherentes á propiedade acompañada dun cambio no control e na xestión dos activos, marca o punto de inflexión para o reflexo do ingreso. 

En ocasións será mester desagregar os distintos compoñentes dunha transacción aparentemente única; noutros casos será o oposto, deberanse aglutinar operacións  supostamente distintas pero que responden a unha única compravenda. 

A valoración dos ingresos pode revestir dificultades cando a contrapartida sexa non monetaria, intercámbiense bens ou servizos. Igualmente, as operacións en divisas, as vendas con cobro aprazado, os descontos e outros incentivos,.., ou as prestacións de servizos de duración prolongada presentan unhas singularidades a estudar. 

Lembrar así mesmo que a Orde 733/2010 alterou sensiblemente os criterios de contabilización das subvencións, e tamén o ICAC evacuou consultas que afectan de cheo ao rexistro dos ingresos. En resumo, con este seminario preténdese indagar sobre a acertada contabilización dos ingresos e a interpretación atinada das múltiples cláusulas presentes actualmente nas compravendas e as prestacións de servizos,  analizando o seu impacto na Cifra de Negocios, magnitude da que se derivan importantes repercusións xurídicas posteriores.

 

 

Organizan

Colexios de Economistas e de Titulados Mercantís da Coruña

 

Programa

*Ver documento adxunto

 

Relator


Juan Luís Domínguez
Economista. Auditor de contas. ECIF. Profesor Titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Barcelona. Experto en NIC/NIIF e Reforma Contable

Duración

4 horas lectivas 

Lugar de celebración e horario

Sede do Colexio de Economistas
Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

De 16,00 a 20,00 horas

Homologación REA e TAP

Estes cursos son computables na súa totalidade como materia de auditoría e contabilidade, a efectos das obrigacións de formación continuada, establecidas pola normativa de auditoría vixente.

 

Así mesmo serán computados a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento da Quenda de Actuación Profesional do Colexio.

NOTA: coa mesma data, en horario de tarde, celebrarase outro curso sobre AEF ADAPTADO Ao NOVO PGC, a cargo do mesmo relator. É posible a inscrición conxunta ou nun só dos cursos.

 

Matrícula

 

 Xornada completa

AEF adaptado novo PGC

Recoñecemento de ingresos

Colexiados e persoal dos seus despachos:

125,00 €

75,00 €

75,00 €

Membros REA e persoal dos seus despachos:

100,00 €

60,00 €

60,00 €

Outros participantes:  

200,00 €

120,00 €

120,00 €

 

[INSCRICIÓN CURSO AEF ADAPTADO Ao NOVO PGC]
[INSCRICIÓN CONXUNTA A AMBOS OS CURSOS]

Descontos: 10% segunda e sucesivas matrículas

  

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Formación bonificable pola Fundación Tripartita

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade