Lugar de celebración: Santiago de Compostela, Santiago | |||
Preinscrición: 09/10/2014-14/10/2014 |
Matrícula: 09/10/2014-14/10/2014 |
Celebración: 15/10/2014-11/11/2014 |
|
Formación: |
Áreas de formación: |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
Cunha orientación práctica e unha metodoloxía baseada en grupos reducidos con apoio informático, estes cursos diríxense especialmente a persoas que dispoñen de moi pouco tempo e necesitan solucións inmediatas, sen ser precisos grandes coñecementos previos.
Metodoloxía
Tomando como punto de referencia a especial orientación práctica que se persegue, a metodoloxía das clases combinará os ensinos teóricos (asistida por computador) coa resolución de casos prácticos.
As clases desenvolveranse en grupos reducidos cun computador por alumno. Expedirase Diploma Acreditativo, entregarase ampla documentación e ofrecerase asesoramento unha vez finalizado o curso.
Destinatarios
· Persoas que dispoñen de moi pouco tempo e que non lles interesan cursos de longa duración.
· Persoas activas que nos lles motivan os cursos teóricos que necesitan solucións prácticas inmediatas.
· Pequenos e medianos empresarios.
· Administrativos e comerciais.
· Avogados.
· Graduados sociais.
· Xestores administrativos.
· Economistas sen experiencia.
· Mozos en busca de emprego.
Duración: 40 horas impartidas de luns a venres a razón de 2 horas diarias.
Profesor
Óscar Rei Igrexas
Licenciado en Economía e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa formación completouse con diversos cursos de posgrao como, Experto Economista Forense pola Universidade de Santiago de Compostela, Técnico Superior de Comercio Exterior polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX).
A súa experiencia docente abarca diferentes organismos, destacando pola súa duración, o tempo que foi profesor titular do Instituto Empresarial de Contabilidade e Economía (IECE). Aválanlle anos de experiencia docente nesta temática e máis de 200 cursos impartidos cunha duración aproximada total de 9.000 horas lectivas.
Data, horario e lugar de celebración
Centro Social Afundación. Rúa Nova, 33. Santiago de Compostela
Do 15 de outubro ao 11 de novembro de 2014
Horarios:
Grupo 1: de 09 a 11 horas
Grupo 2: de 11 a 13 horas
Grupo 3: de 16 a 18 horas
Grupo 4: de 18 a 20 horas
Grupo 5: de 20 a 22 horas
Acto de presentación
Mércores, 9 de outubro, ás 20:15 horas no Centro Social Afundación (Rúa Nova, 33. Santiago de Compostela)
Información e inscricións
A partir do xoves, 9 de outubro, na Delegación en Santiago do Colexio de Economistas (Facultade de CC. Económicas, Avda. Burgo, s/n), de luns a xoves de 9 a 14 e de 16 a 19 horas, e venres de 9 a 14 horas.
Teléfono: 981573236 - 609338306
Email: santiago@economistascoruna.org
FORMACIÓN BONIFICABLE A través da FUNDACIÓN TRIPARTITA
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org