Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Cursos prácticos contabilidade, laboral e fiscal

Lugar de celebración: Santiago de Compostela, Santiago
Preinscripción:
09/10/2014-14/10/2014
Matrícula:
09/10/2014-14/10/2014
Celebración:
15/10/2014-11/11/2014
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

Santiago de Compostela, 15 outubro a 11 novembro 2014


Cunha orientación práctica e unha metodoloxía baseada en grupos reducidos con apoio informático, estes cursos diríxense especialmente a persoas que dispoñen de moi pouco tempo e necesitan solucións inmediatas, sen ser precisos grandes coñecementos previos.

 

Metodoloxía

Tomando como punto de referencia a especial orientación práctica que se persegue, a metodoloxía das clases combinará os ensinos teóricos (asistida por computador) coa resolución de casos prácticos.


As clases desenvolveranse en grupos reducidos cun computador por alumno. Expedirase Diploma Acreditativo, entregarase ampla documentación e ofrecerase asesoramento unha vez finalizado o curso.

 

Destinatarios

· Persoas que dispoñen de moi pouco tempo e que non lles interesan cursos de longa duración.

· Persoas activas que nos lles motivan os cursos teóricos que necesitan solucións prácticas inmediatas.

· Pequenos e medianos empresarios.

· Administrativos e comerciais.

· Avogados.

· Graduados sociais.

· Xestores administrativos.

· Economistas sen experiencia.

· Mozos en busca de emprego.

 

Duración: 40 horas impartidas de luns a venres a razón de 2 horas diarias.

[Descargar programas]

  

Profesor

Óscar Rei Igrexas

Licenciado en Economía e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa formación completouse con diversos cursos de posgrao como, Experto Economista Forense pola Universidade de Santiago de Compostela, Técnico Superior de Comercio Exterior polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX).

A súa experiencia docente abarca diferentes organismos, destacando pola súa duración, o tempo que foi profesor titular do Instituto Empresarial de Contabilidade e Economía (IECE). Aválanlle anos de experiencia docente nesta temática e máis de 200 cursos impartidos cunha duración aproximada total de 9.000 horas lectivas.

 

 

Data, horario e lugar de celebración
Centro Social Afundación. Rúa Nova, 33. Santiago de Compostela

Do 15 de outubro ao 11 de novembro de 2014

Horarios:

Grupo 1: de 09 a 11 horas

Grupo 2: de 11 a 13 horas

Grupo 3: de 16 a 18 horas

Grupo 4: de 18 a 20 horas

Grupo 5: de 20 a 22 horas

 

Acto de presentación

Mércores, 9 de outubro, ás 20:15 horas no Centro Social Afundación (Rúa Nova, 33. Santiago de Compostela)
 

Información e inscricións

A partir do xoves, 9 de outubro, na Delegación en Santiago do Colexio de Economistas (Facultade de CC. Económicas, Avda. Burgo, s/n), de luns a xoves de 9 a 14  e de 16 a 19 horas, e venres de 9 a 14 horas.

 

Teléfono: 981573236 - 609338306

Email: santiago@economistascoruna.org

 

 

FORMACIÓN BONIFICABLE A través da FUNDACIÓN TRIPARTITA

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade