Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

XORNADA DE ACTUALIZACIÓN CONTABLE: o economista e o auditor ante as recentes consultas do BOICAC e outra normativa de interese

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
07/03/2014-14/03/2014
Matrícula:
07/03/2014-14/03/2014
Celebración:
17/03/2014-17/03/2014
Formación:
Áreas de formación:
Contabilidade, Auditoría.
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña, 17 de marzo 2014

Nos últimos Boletíns Oficiais do Instituto de Contabilidade e Auditoría publicáronse numerosas consultas, unhas sobre complexas operacións empresariais de actualidade, e outras que buscar achegar luz sobre as interpretacións que afloran coa aplicación práctica da normativa contable resultante do novo PGC.  

As prioridades do día a día non facilitan o seguimento e a análise das implicacións da normativa contable aprobada e dos pronunciamentos do ICAC máis recentes, nin tampouco unha sosegada reflexión sobre cuestións de certa complexidade que presenta a realidade empresarial. Co obxectivo de analizar e aclarar os pronunciamentos últimos do ICAC e outra normativa recente, organízase esta XORNADA DE ACTUALIZACION CONTABLE, de gran utilidade para a aplicación e interpretación das normas, para facilitar a resolución de problemas nas empresas clientes, e simultaneamente pór ao día aos equipos profesionais dos despachos.

 

Programa

A Xornada desenvolverase de maneira participativa, dinámica e moi práctica. A presenza de profesionais implicados diariamente na xestión empresarial, directores financeiros, auditores, economistas, contables, asesores fiscais,…,  creará un marco idóneo para a análise, o debate e a interpretación práctica dos criterios evacuados polo ICAC en cuestións recentes como, entre outras, as que seguen:

 

-          O que o profesional ha de coñecer: resumo das  novidades máis significativas das Resolucións aprobadas polo ICAC en 2013:

·                     Deterioración de valor dos activos (18 de setembro de 2013)

·                     Inmobilizado Intangible (28 de maio de 2013)

·                     Inmobilizado Material e Investimentos Inmobiliarios (1 de marzo de 2013)

·                     Sobre a non aplicación do principio de empresa en funcionamento, situacións de Liquidación (18 de outubro de 2013)

-          Implicacións dos cambios nos límites para a formulación das contas anuais abreviadas,  Lei 14/2013.

-          Reflexo do IVE de caixa

-          Tratamento contable dun procedemento de despedimento colectivo que afecta a varios exercicios

-          Avais outorgados a filiais e execución de garantías hipotecarias.

-          Daciones en pago

-          Tratamento contable dos alugueres: rendas graduadas, carencias, incentivos, custos, pagos en especie,…

-          Créditos por perdas a compensar

-          Ámbito de aplicación do PGC de Entidades sen fins lucrativos.

-          Bonificacións nas cotizacións á S Social.

-          Cooperativas: capital social ou pasivo esixible.

-          Concesións administrativas.

-          Reflexo da declaración tributaria especial, modelo 750.

-          Sobre a auditoría dunha entidade en liquidación.

-          Gastos financeiros non deducibles, RDL 12/2012.

-          Prezos continxentes e deveño de ingresos.

-          A complexa delimitación de grupo e empresas asociadas.

-          Aumentos de capital por compensación de créditos

-          O reflexo da deterioración de activos

-          Combinacións de negocios,  fusións e escisións.

-          As implicacións da Actualización de Balances en 2013.

-          Operacións entre empresas do grupo, ou cos seus socios.

-          Custos de urbanización de terreos

-          Singularidades contables das reestruturacións de débedas,

-          etc…

 

Relator

Juan Luís Domínguez
Economista. Auditor de contas. ECIF. Profesor Titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Barcelona. Experto en NIC/NIIF e Reforma Contable

Lugar de celebración e horario

Sede do Colexio de Economistas. Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas

Formación obrigatoria auditoría

8 horas computables en auditoría e contabilidade a efectos do cumprimento da formación continuada establecida polo Regulamento de Auditoría..

Así mesmo serán computados a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento da Quenda de Actuación Profesional do Colexio.

 

Matrícula

 

 

Colexiados e persoal dos seus despachos:

125,00 €

Outros participantes:  

200,00 €

 

Descontos (non acumulables):

Membros REA-REGA e persoal dos seus despachos: 20%

Segunda e sucesivas matrículas: 10%

 

 PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

 

Formación bonificable pola Fundación Tripartita

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade