Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
Preinscripción: 07/03/2014-14/03/2014 |
Matrícula: 07/03/2014-14/03/2014 |
Celebración: 17/03/2014-17/03/2014 |
|
Formación: |
Áreas de formación: Contabilidad, Auditoría. |
Acceso: Aberto. Previa inscripción. |
Nos últimos Boletíns Oficiais do Instituto de Contabilidade e Auditoría publicáronse numerosas consultas, unhas sobre complexas operacións empresariais de actualidade, e outras que buscar achegar luz sobre as interpretacións que afloran coa aplicación práctica da normativa contable resultante do novo PGC.
As prioridades do día a día non facilitan o seguimento e a análise das implicacións da normativa contable aprobada e dos pronunciamentos do ICAC máis recentes, nin tampouco unha sosegada reflexión sobre cuestións de certa complexidade que presenta a realidade empresarial. Co obxectivo de analizar e aclarar os pronunciamentos últimos do ICAC e outra normativa recente, organízase esta XORNADA DE ACTUALIZACION CONTABLE, de gran utilidade para a aplicación e interpretación das normas, para facilitar a resolución de problemas nas empresas clientes, e simultaneamente pór ao día aos equipos profesionais dos despachos.
Programa
A Xornada desenvolverase de maneira participativa, dinámica e moi práctica. A presenza de profesionais implicados diariamente na xestión empresarial, directores financeiros, auditores, economistas, contables, asesores fiscais,…, creará un marco idóneo para a análise, o debate e a interpretación práctica dos criterios evacuados polo ICAC en cuestións recentes como, entre outras, as que seguen:
- O que o profesional ha de coñecer: resumo das novidades máis significativas das Resolucións aprobadas polo ICAC en 2013:
· Deterioración de valor dos activos (18 de setembro de 2013)
· Inmobilizado Intangible (28 de maio de 2013)
· Inmobilizado Material e Investimentos Inmobiliarios (1 de marzo de 2013)
· Sobre a non aplicación do principio de empresa en funcionamento, situacións de Liquidación (18 de outubro de 2013)
- Implicacións dos cambios nos límites para a formulación das contas anuais abreviadas, Lei 14/2013.
- Reflexo do IVE de caixa
- Tratamento contable dun procedemento de despedimento colectivo que afecta a varios exercicios
- Avais outorgados a filiais e execución de garantías hipotecarias.
- Daciones en pago
- Tratamento contable dos alugueres: rendas graduadas, carencias, incentivos, custos, pagos en especie,…
- Créditos por perdas a compensar
- Ámbito de aplicación do PGC de Entidades sen fins lucrativos.
- Bonificacións nas cotizacións á S Social.
- Cooperativas: capital social ou pasivo esixible.
- Concesións administrativas.
- Reflexo da declaración tributaria especial, modelo 750.
- Sobre a auditoría dunha entidade en liquidación.
- Gastos financeiros non deducibles, RDL 12/2012.
- Prezos continxentes e deveño de ingresos.
- A complexa delimitación de grupo e empresas asociadas.
- Aumentos de capital por compensación de créditos
- O reflexo da deterioración de activos
- Combinacións de negocios, fusións e escisións.
- As implicacións da Actualización de Balances en 2013.
- Operacións entre empresas do grupo, ou cos seus socios.
- Custos de urbanización de terreos
- Singularidades contables das reestruturacións de débedas,
- etc…
Juan Luís Domínguez
Economista. Auditor de contas. ECIF. Profesor Titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Barcelona. Experto en NIC/NIIF e Reforma Contable
Sede do Colexio de Economistas. Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas
8 horas computables en auditoría e contabilidade a efectos do cumprimento da formación continuada establecida polo Regulamento de Auditoría.. |
Así mesmo serán computados a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento da Quenda de Actuación Profesional do Colexio.
Matrícula
|
|
Colexiados e persoal dos seus despachos: |
125,00 € |
Outros participantes: |
200,00 € |
Descontos (non acumulables):
Membros REA-REGA e persoal dos seus despachos: 20%
Segunda e sucesivas matrículas: 10%
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicaciones
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org