Lugar de celebración: A Coruña, A Cioruña | |||
Preinscrición: 28/01/2014-18/02/2014 |
Matrícula: 28/01/2014-18/02/2014 |
Celebración: 19/02/2014-19/02/2014 |
|
Formación: |
Áreas de formación: |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
A Coruña 19 de febreiro 2014
Neste taller os participantes coñecerán cales son os elementos crave para conseguir transmitir, motivar e convencer, tanto fronte a un público numeroso –como conferenciante ou formador- como en contornas máis reducidas como poden ser reunións de traballo nas que expor e defender ideas ou proxectos ou simplemente debater con seguridade e capacidade de convencemento.
Está, por tanto, dirixido a aqueles profesionais que necesitan comunicarse con grupos ou auditorios, en formación ou presentacións comerciais ou de traballo, e queren desenvolver os seus recursos persoais para conseguir un maior impacto e influencia utilizando técnicas avanzadas de oratoria e comunicación.
Duración
8 horas lectivas
Data, horario e lugar de celebración 19 de febreiro de 2014, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
Programa
1. Preparando a presentación
a. Foco no auditorio: método PAR
b. Estrutura dunha presentación
c. Como organizar a información
2. En Escena
a. Despegar: como xerar interese
b. Facer chegar a túa mensaxe e manter a atención do auditorio
c. Aterrar: como deixar pegada
3. Habilidades e recursos de influencia e persuasión
a. A forza da metáfora
b. Facer partícipe ao auditorio
c. Expresión non verbal: voz, xestos, corpo
4. Apoio en Medios Didácticos
a. Uso de presentacións en PowerPoint
b. Uso do rotafolios
c. Outros medios
Relator
Miguel Anxo Romeu
Socio Director de Actitúdine Formación e Coaching, consultora especializada en potenciar a actitude como panca de cambio e éxito.
Desde Actitúdine contribuíuse ao desenvolvemento de máis de 7.000 profesionais en habilidades, liderado e vendas en máis de 100 empresas (Airbus, Alcoa Transformación, Bayer, Bristol Myers, ONO, Citröen, Haagen Dazs, LeasePlan, Multiópticas…)
Matrícula
Colexiados e persoal dos seus despachos: 75 euros
Outros participantes: 120 euros
Desconto:
10% segunda e sucesivas matrículas
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
FORMACIÓN BONIFICABLE FUNDACIÓN TRIPARTITA
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org