Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Habilidades comunicativas: técnicas para falar en público

Lugar de celebración: A Coruña, A Cioruña
Preinscripción:
28/01/2014-18/02/2014
Matrícula:
28/01/2014-18/02/2014
Celebración:
19/02/2014-19/02/2014
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

A Coruña 19 de febreiro 2014

 

Neste taller os participantes coñecerán cales son os elementos crave para conseguir transmitir, motivar e convencer, tanto fronte a un público numeroso –como conferenciante ou formador- como en contornas máis reducidas como poden  ser reunións de traballo nas que expor  e defender ideas ou proxectos ou simplemente debater con seguridade e capacidade de convencemento.

 

Está, por tanto, dirixido a aqueles profesionais que necesitan comunicarse con grupos ou auditorios, en formación ou presentacións comerciais ou de traballo, e queren desenvolver os seus recursos persoais para conseguir un maior impacto e influencia utilizando técnicas avanzadas de oratoria e comunicación.

 

Duración

8 horas lectivas

 

Data, horario e lugar de celebración 19  de febreiro de 2014,  de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas

Sede do Colexio de Economistas.  C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

 

Programa

 

1.       Preparando a presentación

a.       Foco no auditorio: método PAR

b.       Estrutura dunha presentación

c.        Como organizar a información

2.       En Escena

a.       Despegar: como xerar interese

b.       Facer chegar a túa mensaxe e manter a atención do auditorio

c.        Aterrar: como deixar pegada

3.       Habilidades e recursos de influencia e persuasión

a.       A forza da metáfora

b.       Facer partícipe ao auditorio

c.        Expresión non verbal: voz, xestos, corpo

4.       Apoio en Medios Didácticos

a.       Uso de presentacións en PowerPoint

b.       Uso do rotafolios

c.        Outros medios

 

Relator
Miguel Anxo Romeu
Socio Director de Actitúdine Formación e Coaching, consultora especializada en potenciar a actitude como panca de cambio e éxito.

Desde Actitúdine contribuíuse ao desenvolvemento de máis de 7.000 profesionais en habilidades, liderado e vendas en máis de 100 empresas (Airbus, Alcoa Transformación, Bayer,  Bristol Myers, ONO, Citröen, Haagen Dazs, LeasePlan, Multiópticas…)

Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 75 euros

Outros participantes: 120 euros

 

Desconto:

10% segunda e sucesivas matrículas

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

 

 

FORMACIÓN BONIFICABLE FUNDACIÓN TRIPARTITA

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade