Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
Preinscrición: 11/03/2013-22/04/2013 |
Matrícula: 11/03/2013-22/04/2013 |
Celebración: 23/04/2013-23/04/2013 |
|
Formación: |
Áreas de formación: Laboral. |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
En colaboración co EAL, órgano do Consello Xeral que agrupa aos Economistas Asesores Laborais, organizamos esta xornada co obxectivo de coñecer en profundidade o alcance dos cambios operados pola Lei 3/2012, de 6 de xullo, de Medidas Urxentes para a Reforma do Mercado Laboral, en materia de Flexibilidade Interna na Empresa: Modificación, Suspensión e Extinción da Relación Laboral.
Estudar de forma pormenorizada os novos procedementos de Suspensión de contratos e Redución de Xornada e de Despedimento Colectivo aprobado polo Real Decreto 1483/2012 de 29 de outubro.
Analizar de maneira exhaustiva a diferente casuística no relativo ao marco de Extinción de Relación Laboral: Despedimento Colectivo.
Achegar unha visión clara da nova modalidade procesual de Despedimento colectivo (artigo 124 LRJS)
Relator
Beatriz Martínez da Riva
Licenciada en dereito e directora do departamento RRHH do Centro Europeo de Estudos Profesionais.
Programa
A Flexibilidade Interna na Empresa como alternativa á Destrución de Emprego.
Suspensión do Contrato ou reducións de Xornada temporais por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción ou derivadas de forza maior.
- Concepto.
- Causas.
O Procedemento de Suspensión de Contratos por causas Técnicas, económicas, organizativas ou de produción ou derivadas de forza maior.
- Iniciación do Procedemento: Garantía de efectividade no Período de Consultas. Novo papel da Autoridade Laboral e funcións de vixilancia e Control.
- Información a fornecer aos Representantes dos Traballadores como garantía dun adecuado coñecemento dos mesmos das causas que orixinan o procedemento.
- Documentación Preceptiva: Formalización e Presentación do Expediente ante a Autoridade Laboral Competente
- Finalización do Procedemento: Ejecutividad das Medidas Adoptadas, entrega de documentación aos traballadores afectados.
-Tramitación de Boletíns de Cotización e aplicación de Bonificacións.
O Despedimento Colectivo tras a Reforma laboral Modificacións nas Causas e Xustificación da Medida.
O Procedemento de Despedimento Colectivo por causas Técnicas, económicas, organizativas ou de produción.
- Iniciación do Procedemento: Garantía de efectividade no Período de Consultas. Novo papel da Autoridade Laboral e funcións de vixilancia e Control.
- Información a fornecer aos Representantes dos Traballadores como garantía dun adecuado coñecemento dos mesmos das causas que orixinan o procedemento.
- Documentación Preceptiva: Formalización e Presentación do Expediente ante a Autoridade Laboral Competente
- Finalización do Procedemento: Ejecutividad das Medidas Adoptadas, entrega de documentación aos traballadores afectados.
Acreditación da situación legal de Desemprego derivada da extinción do contrato.
Modificacións na Lei Reguladora da Xurisdición Social.
- Novo Réxime xurídico para impugnar xudicialmente medidas empresariais de suspensión temporal do contrato e redución temporal de xornada.
- Novo Réxime Xurídico para impugnar xudicialmente o Despedimento Colectivo.
Duración
8 horas lectivas
Data, horario e lugar de celebración
Sede do Colexio de Economistas
C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
23 de abril de 2013
De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
Matrícula
Colexiados e persoal dos seus despachos: 75 euros
Outros participantes: 120 euros
Descontos (non acumulables):
10% segunda e sucesivas matrículas
20% membros do EAL e outros Rexistros do Consello Xeral
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
FORMACIÓN BONIFICABLE POLA FUNDACIÓN TRIPARTITA
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org