Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Procedementos de regulación de emprego temporal e definitivo

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscripción:
11/03/2013-22/04/2013
Matrícula:
11/03/2013-22/04/2013
Celebración:
23/04/2013-23/04/2013
Formación:
Áreas de formación:
Laboral.
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

En colaboración co EAL, órgano do Consello Xeral que agrupa aos Economistas Asesores Laborais, organizamos esta xornada co obxectivo de coñecer en profundidade o alcance dos cambios operados pola Lei 3/2012, de 6 de xullo, de Medidas Urxentes para a Reforma do Mercado Laboral, en materia de Flexibilidade Interna na Empresa: Modificación, Suspensión e Extinción da Relación Laboral.

 Estudar de forma  pormenorizada os novos procedementos de Suspensión de contratos e Redución de Xornada e  de Despedimento Colectivo aprobado polo Real Decreto 1483/2012 de 29 de outubro.

 Analizar de maneira exhaustiva a diferente casuística no relativo ao marco de Extinción de Relación Laboral: Despedimento Colectivo.

 Achegar unha visión clara da nova modalidade procesual de Despedimento colectivo (artigo 124 LRJS)

 

Relator

Beatriz Martínez da Riva

Licenciada en dereito e directora do departamento RRHH do Centro Europeo de Estudos Profesionais.

Programa

A Flexibilidade Interna na Empresa como alternativa á Destrución de Emprego.

Suspensión do Contrato ou reducións de Xornada temporais por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción ou derivadas de forza maior.

- Concepto.

- Causas.

O  Procedemento de Suspensión de Contratos por causas Técnicas, económicas, organizativas ou de produción ou derivadas de forza maior.

- Iniciación do Procedemento: Garantía de efectividade no Período de Consultas. Novo papel da Autoridade Laboral  e funcións de vixilancia e Control.

- Información a fornecer aos Representantes dos Traballadores como garantía dun adecuado coñecemento dos mesmos das causas que orixinan o procedemento.

- Documentación Preceptiva: Formalización e Presentación do Expediente ante a Autoridade Laboral Competente

- Finalización do Procedemento: Ejecutividad das Medidas Adoptadas, entrega de documentación aos traballadores afectados.

-Tramitación de Boletíns de Cotización e aplicación de Bonificacións.

O Despedimento Colectivo tras a Reforma laboral Modificacións nas Causas e Xustificación da Medida.

 

O  Procedemento de Despedimento Colectivo por causas Técnicas, económicas, organizativas ou de produción.

Iniciación do Procedemento: Garantía de efectividade no Período de Consultas. Novo papel da Autoridade Laboral  e funcións de vixilancia e Control.

- Información a fornecer aos Representantes dos Traballadores como garantía dun adecuado coñecemento dos mesmos das causas que orixinan o procedemento.

- Documentación Preceptiva: Formalización e Presentación do Expediente ante a Autoridade Laboral Competente

- Finalización do Procedemento: Ejecutividad das Medidas Adoptadas, entrega de documentación aos traballadores afectados.

Acreditación da situación legal de Desemprego derivada da extinción do contrato.

Modificacións na Lei Reguladora da Xurisdición Social.

- Novo Réxime xurídico para impugnar xudicialmente medidas empresariais de suspensión temporal do contrato e redución temporal de xornada.

- Novo Réxime Xurídico para impugnar xudicialmente o Despedimento Colectivo.

 

Duración

horas lectivas

 

Data, horario e lugar de celebración
Sede do Colexio de Economistas
C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

23 de abril de 2013

De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas


Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 75 euros

Outros participantes: 120 euros

 

Descontos (non acumulables):

10% segunda e sucesivas matrículas

20% membros do EAL e outros Rexistros do Consello Xeral

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

 

FORMACIÓN BONIFICABLE POLA FUNDACIÓN TRIPARTITA

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade