Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Xestión laboral e contratación

Lugar de celebración: A Coruña, Sede Colegio Economistas
Preinscrición:
20/12/2012-16/01/2013
Matrícula:
09/01/2013-16/01/2013
Celebración:
17/01/2013-13/02/2013
Formación:
Áreas de formación:
Laboral.
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña, 17 de xaneiro ao 14 de febreiro 2013

O obxectivo deste curso é conseguir que unha persoa aínda sen posuír coñecementos no ámbito laboral sexa capaz de adquirir a destreza necesaria para poder levar a xestión laboral dunha empresa, dentro do ámbito do Réxime Xeral da Seguridade Social.

 

Destinatarios

-        Persoas que dispoñen de moi pouco tempo, e non lles interesan cursos de longa duración.

-        Persoas activas que nos lles motivan os cursos teóricos.

-        Persoas que necesitan solucións prácticas e inmediatas.

E en xeral:

-        Pequenos e medianos empresarios.

-        Administrativos contables.

-        Administrativos e comerciais.

-        Avogados.
Graduados sociais.

-        Xestores administrativos.

-        Economistas sen experiencia.

-        Mozos en busca de emprego.

 

Programa

1ª PARTE. NÓMINAS E SEGUROS SOCIAIS

SESIÓN 1. A Seguridade Social. Réxime Xeral e Réximes Especiais. Inscrición de empresas. Alta, Baixa e Afiliación de traballadores.

SESIÓN 2. O Recibo de Salarios. Estrutura.

SESIÓN 3. Percepcións salariais. Características.

SESIÓN 4. Percepcións non salariais (Suplidos e Indemnizacións). Salarios en especie.

SESIÓN 5. A Incapacidade Temporal derivada de Continxencias Comúns.

SESIÓN 6. A Incapacidade Temporal derivada de Continxencias Profesionais.

SESIÓN 7. A protección por Maternidade, Paternidade, Adopción e Acollemento.

SESIÓN 8. Relación Nominal de Traballadores (TC2).

SESIÓN 9. Boletín de Cotización (TC1).

SESIÓN 10. Determinación da porcentaxe de Retención do IRPF.

 

2ª PARTE. PRÁCTICA INFORMÁTICA (NOMINASOL)

Nas sesións seguintes o alumno/a encárgase de xestionar as diferentes incidencias que se producen na empresa utilizando a aplicación informática NOMINASOL.

 

3ª PARTE. CONTRATACIÓN LABORAL

O Contrato de Traballo. Dereitos e deberes. O período de proba.

A redución de xornada por circunstancias persoais. Permisos retribuidos.

A extinción do contrato de traballo. Obrigacións e Causas. Procedemento.

O desemprego parcial. Os contratos a tempo parcial.

Os contratos formativos.

Os contratos temporais. Liquidación e indemnización.

O Pluriempleo. A Folga.


Metodoloxía

A metodoloxía didáctica basearase en exposicións activas e demostrativas por parte do profesor, tras as cales exporá cuestións e exercicios que o alumno/a irá contestando a través do seu computador. Simultaneamente as respostas dadas ás preguntas, aos casos e exercicios prácticos expostos quedarán rexistradas no equipo informático do docente.

 

Esta metodoloxía permite así, ter un seguimento PERMANENTE e INDIVIDUALIZADO de cada alumno/a e fomenta a participación e a aprendizaxe significativa e autónoma.  Este método de ensino garante a eficacia do curso xa que, instantaneamente o profesor liquida as dificultades e dúbidas que en cada alumno/a poidan xurdir. Co noso  sistema de ensino programado, desde o primeiro día o alumno RAZOA os conceptos e non memoriza nada, senón que os PRACTICA.

Este curso é PRÁCTICO, ÚTIL e de APLICACIÓN INMEDIATA.

 

Actividades

Durante a primeira parte do curso estudamos as diferentes cuestións relativas a Altas, Baixas, Recibos de Salarios e Documentos de Cotización. O curso está organizado para ir avanzando no contido desde o máis sinxelo todo o máis complexo. Así, aprenderemos toda a casuística que se pode producir no ámbito laboral en calquera empresa: salarios en especie, complementos salariais e non salariais, incapacidades temporais, maternidade, etc.

 

Durante esta parte o alumno, apoiándose nos recursos e material didáctico que lle facilitamos:

1º.RAZOA os conceptos grazas ás EXPLICACIÓNS e PREGUNTAS do profesor.

2º.ENTENDE o que aprende e lévao á PRÁCTICA.


Tras finalizar esta primeira parte, aplicaremos os novos coñecementos adquiridos a un caso real. Practicaremos todo o visto anteriormente, ampliado con casos novos, cunha aplicación informática de Xestión Laboral (NOMINASOL).

Na última parte do curso, estudaremos cuestións relativas aos contratos de traballo: dereitos e deberes, redución de xornada por circunstancias persoais, resolución do contrato (procedemento de despedimento), desemprego parcial, contratos a tempo parcial, contratos de duración determinada, contratos formativos, pluriempleo, folga, etc.

 

Profesor

Óscar Rei Igrexas

Licenciado en Economía e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa formación completouse con diversos cursos de posgrao como, Experto Economista Forense pola Universidade de Santiago de Compostela, Técnico Superior de Comercio Exterior polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX).

A súa experiencia docente abarca diferentes organismos, destacando pola súa duración, o tempo que foi profesor titular do Instituto Empresarial de Contabilidade e Economía (IECE). Aválanlle anos de experiencia docente nesta temática e máis de 200 cursos impartidos cunha duración aproximada total de 9.000 horas lectivas.

 

Duración

40 horas lectivas  (en xornadas de 2 horas diarias)

 

Data, horario e lugar de celebración
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

Do 17 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2013

 

Horarios:

Grupo 1: de 09 a 11 horas

Grupo 2: de 11 a 13 horas

Grupo 3: de 16 a 18 horas

Grupo 4: de 18 a 20 horas

Grupo 5: de 20 a 22 horas

 

Acto de presentación

Martes, 8 de xaneiro, ás 20:00 horas no salón de actos do Colexio de Economistas da Coruña

 

Información e inscricións

A partir do mércores, 9 de xaneiro, no Colexio de Economistas, de luns a xoves de 9 a 14  e de 16 a 19 horas, e venres de 9 a 14 horas.

 

Teléfono: 981154325

Fax: 981154323

Email: formacion@economistascoruna.org

 

FORMACIÓN BONIFICABLE POLA FUNDACIÓN TRIPARTITA

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade