Lugar de celebración: A Coruña, Sede Colegio Economistas | |||
Preinscripción: 20/12/2012-16/01/2013 |
Matrícula: 09/01/2013-16/01/2013 |
Celebración: 17/01/2013-13/02/2013 |
|
Formación: |
Áreas de formación: Laboral. |
Acceso: Aberto. Previa inscripción. |
O obxectivo deste curso é conseguir que unha persoa aínda sen posuír coñecementos no ámbito laboral sexa capaz de adquirir a destreza necesaria para poder levar a xestión laboral dunha empresa, dentro do ámbito do Réxime Xeral da Seguridade Social.
Destinatarios
- Persoas que dispoñen de moi pouco tempo, e non lles interesan cursos de longa duración.
- Persoas activas que nos lles motivan os cursos teóricos.
- Persoas que necesitan solucións prácticas e inmediatas.
E en xeral:
- Pequenos e medianos empresarios.
- Administrativos contables.
- Administrativos e comerciais.
- Avogados.
Graduados sociais.
- Xestores administrativos.
- Economistas sen experiencia.
- Mozos en busca de emprego.
Programa
1ª PARTE. NÓMINAS E SEGUROS SOCIAIS
SESIÓN 1. A Seguridade Social. Réxime Xeral e Réximes Especiais. Inscrición de empresas. Alta, Baixa e Afiliación de traballadores.
SESIÓN 2. O Recibo de Salarios. Estrutura.
SESIÓN 3. Percepcións salariais. Características.
SESIÓN 4. Percepcións non salariais (Suplidos e Indemnizacións). Salarios en especie.
SESIÓN 5. A Incapacidade Temporal derivada de Continxencias Comúns.
SESIÓN 6. A Incapacidade Temporal derivada de Continxencias Profesionais.
SESIÓN 7. A protección por Maternidade, Paternidade, Adopción e Acollemento.
SESIÓN 8. Relación Nominal de Traballadores (TC2).
SESIÓN 9. Boletín de Cotización (TC1).
SESIÓN 10. Determinación da porcentaxe de Retención do IRPF.
2ª PARTE. PRÁCTICA INFORMÁTICA (NOMINASOL)
Nas sesións seguintes o alumno/a encárgase de xestionar as diferentes incidencias que se producen na empresa utilizando a aplicación informática NOMINASOL.
3ª PARTE. CONTRATACIÓN LABORAL
O Contrato de Traballo. Dereitos e deberes. O período de proba.
A redución de xornada por circunstancias persoais. Permisos retribuidos.
A extinción do contrato de traballo. Obrigacións e Causas. Procedemento.
O desemprego parcial. Os contratos a tempo parcial.
Os contratos formativos.
Os contratos temporais. Liquidación e indemnización.
O Pluriempleo. A Folga.
Metodoloxía
A metodoloxía didáctica basearase en exposicións activas e demostrativas por parte do profesor, tras as cales exporá cuestións e exercicios que o alumno/a irá contestando a través do seu computador. Simultaneamente as respostas dadas ás preguntas, aos casos e exercicios prácticos expostos quedarán rexistradas no equipo informático do docente.
Esta metodoloxía permite así, ter un seguimento PERMANENTE e INDIVIDUALIZADO de cada alumno/a e fomenta a participación e a aprendizaxe significativa e autónoma. Este método de ensino garante a eficacia do curso xa que, instantaneamente o profesor liquida as dificultades e dúbidas que en cada alumno/a poidan xurdir. Co noso sistema de ensino programado, desde o primeiro día o alumno RAZOA os conceptos e non memoriza nada, senón que os PRACTICA.
Este curso é PRÁCTICO, ÚTIL e de APLICACIÓN INMEDIATA.
Actividades
Durante a primeira parte do curso estudamos as diferentes cuestións relativas a Altas, Baixas, Recibos de Salarios e Documentos de Cotización. O curso está organizado para ir avanzando no contido desde o máis sinxelo todo o máis complexo. Así, aprenderemos toda a casuística que se pode producir no ámbito laboral en calquera empresa: salarios en especie, complementos salariais e non salariais, incapacidades temporais, maternidade, etc.
Durante esta parte o alumno, apoiándose nos recursos e material didáctico que lle facilitamos:
1º.RAZOA os conceptos grazas ás EXPLICACIÓNS e PREGUNTAS do profesor.
2º.ENTENDE o que aprende e lévao á PRÁCTICA.
Tras finalizar esta primeira parte, aplicaremos os novos coñecementos adquiridos a un caso real. Practicaremos todo o visto anteriormente, ampliado con casos novos, cunha aplicación informática de Xestión Laboral (NOMINASOL).
Na última parte do curso, estudaremos cuestións relativas aos contratos de traballo: dereitos e deberes, redución de xornada por circunstancias persoais, resolución do contrato (procedemento de despedimento), desemprego parcial, contratos a tempo parcial, contratos de duración determinada, contratos formativos, pluriempleo, folga, etc.
Profesor
Óscar Rei Igrexas
Licenciado en Economía e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa formación completouse con diversos cursos de posgrao como, Experto Economista Forense pola Universidade de Santiago de Compostela, Técnico Superior de Comercio Exterior polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX).
A súa experiencia docente abarca diferentes organismos, destacando pola súa duración, o tempo que foi profesor titular do Instituto Empresarial de Contabilidade e Economía (IECE). Aválanlle anos de experiencia docente nesta temática e máis de 200 cursos impartidos cunha duración aproximada total de 9.000 horas lectivas.
Duración
40 horas lectivas (en xornadas de 2 horas diarias)
Data, horario e lugar de celebración
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
Do 17 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2013
Horarios:
Grupo 1: de 09 a 11 horas
Grupo 2: de 11 a 13 horas
Grupo 3: de 16 a 18 horas
Grupo 4: de 18 a 20 horas
Grupo 5: de 20 a 22 horas
Acto de presentación
Martes, 8 de xaneiro, ás 20:00 horas no salón de actos do Colexio de Economistas da Coruña
Información e inscricións
A partir do mércores, 9 de xaneiro, no Colexio de Economistas, de luns a xoves de 9 a 14 e de 16 a 19 horas, e venres de 9 a 14 horas.
Teléfono: 981154325
Fax: 981154323
Email: formacion@economistascoruna.org
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicaciones
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org