Lugar de celebración: A Coruña, Sede del Colegio de Economistas | |||
Preinscrición: 19/12/2012-18/01/2013 |
Matrícula: 19/12/2012-18/01/2013 |
Celebración: 21/01/2013-21/01/2013 |
|
Formación: |
Áreas de formación: Contabilidade, Auditoría. |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
Concluído o ano, convén dedicar unhas horas da nosa vida profesional á actualización de coñecementos, ao repaso das operacións habidas e simultaneamente reflexionar sobre o que aínda pode exporse antes de formular as contas do exercicio. É san preguntarse como quedará o balance e a conta de resultados 2012, o que no transfondo condúcenos á posterior configuración do Imposto de Sociedades
Nos últimos Boletíns Oficiais do Instituto de Contabilidade e Auditoría publicáronse numerosas consultas, unhas sobre complexas operacións empresariais de actualidade, e outras que buscar achegar luz sobre as interpretacións que afloran coa aplicación práctica da normativa contable resultante do novo PGC.
As prioridades do día a día non facilitan o seguimento e a análise das implicacións da normativa contable aprobada e dos pronunciamentos do ICAC máis recentes, nin tampouco unha sosegada reflexión sobre cuestións de certa complexidade que presenta a realidade empresarial. Co obxectivo de analizar e aclarar os pronunciamentos últimos do ICAC e outra normativa recente, organízase esta sesión de XORNADA DE ACTUALIZACION CONTABLE, de gran utilidade para a aplicación e interpretación das normas, para facilitar a resolución de problemas nas empresas clientes, e simultaneamente pór ao día aos equipos profesionais dos despachos.
A Xornada desenvolverase de maneira participativa, dinámica e moi práctica. A presenza de economistas implicados diariamente na xestión empresarial e a participación dos auditores, creará un marco idóneo para a análise, o debate e a interpretación práctica dos criterios evacuados polo ICAC.
- Proxecto de norma de rexistro e valoración de inmobilizados materiais e investimentos inmobiliarios ( ICAC; novembro 2012).
- Prioridade do fondo sobre a forma: ingresos que emerxen
- Imputación de Subvencións e indemnizacións.
- Resultados derivados dalgunhas situacións concursais.
- A correcta interpretación da Norma sobre operacións entre empresas do grupo
- Rexistro de Impostos diferidos e saldos coas administracións públicas.
- Achegas non dinerarias, dividendos en especie,…operacións entre os socios –persoas físicas- e as sociedades.
- A complexa delimitación de grupo e empresas asociadas.
- Aumentos de capital por compensación de créditos
- O reflexo da deterioración de activos
- Rappels anticipados.
- Combinacións de negocios, fusións e escisións.
- Tratamento contable dos alugueres: carencias, incentivos, custos,…
- Operacións varias con Instrumentos Financeiros, cooperativas, etc.
- As implicacións dunha Actualización de Balances en 2013, …
4 horas lectivas.
Sede do Colexio de Economistas
Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
De 15,30 a 19,30 horas
Homologación REA e TAP
Este curso é computable na súa totalidade como materia de auditoría e contabilidade, a efectos das obrigacións de formación continuada, establecidas pola normativa de auditoría vixente. |
|
Así mesmo serán computados a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento da Quenda de Actuación Profesional do Colexio.
Matrícula
|
Xornada completa |
Deterioración dos activos |
Actualización contable |
Colexiados e persoal dos seus despachos: |
125,00 € |
75,00 € |
75,00 € |
Membros REA e persoal dos seus despachos: |
100,00 € |
60,00 € |
60,00 € |
Outros participantes: |
200,00 € |
120,00 € |
120,00 € |
NOTA: coa mesma data, en horario de tarde, celebrarase outro curso sobre ACTUALIZACIÓN CONTABLE, a cargo do mesmos relatores. É posible a inscrición conxunta ou nun só dos cursos.
[INSCRICIÓN CURSO DETERIORACIÓN DE VALOR DOS ACTIVOS NO PECHE 2012]
[INSCRPCIÓN CURSO ACTUALIZACIÓN CONTABLE PARA ECONOMISTAS E AUDITORES]
[INSCRICIÓN CONXUNTA A AMBOS OS CURSOS]
Descontos: 10% segunda e sucesivas matrículas
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org