Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Actualización contable para economistas e auditores

Lugar de celebración: A Coruña, Sede del Colegio de Economistas
Preinscripción:
19/12/2012-18/01/2013
Matrícula:
19/12/2012-18/01/2013
Celebración:
21/01/2013-21/01/2013
Formación:
Áreas de formación:
Contabilidad, Auditoría.
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

A Coruña, 21 de xaneiro 2013

Concluído o ano, convén dedicar unhas horas da nosa vida profesional á actualización de coñecementos, ao repaso das operacións habidas e simultaneamente  reflexionar sobre o que aínda pode exporse antes de formular as contas do exercicio. É san preguntarse como quedará o balance  e a conta de resultados  2012, o que no transfondo condúcenos á  posterior configuración do Imposto de Sociedades

 

Nos últimos Boletíns Oficiais do Instituto de Contabilidade e Auditoría publicáronse numerosas consultas, unhas sobre complexas operacións empresariais de actualidade, e outras que buscar achegar luz sobre as interpretacións que afloran coa aplicación práctica da normativa contable resultante do novo PGC. 

 

As prioridades do día a día non facilitan o seguimento e a análise das implicacións da normativa contable aprobada e dos pronunciamentos do ICAC máis recentes, nin tampouco unha sosegada reflexión sobre cuestións de certa complexidade que presenta a realidade empresarial. Co obxectivo de analizar e aclarar os pronunciamentos últimos do ICAC e outra normativa recente, organízase esta sesión de XORNADA DE ACTUALIZACION CONTABLE, de gran utilidade para a aplicación e interpretación das normas, para facilitar a resolución de problemas nas empresas clientes, e simultaneamente pór ao día aos equipos profesionais dos despachos.

 

A Xornada desenvolverase de maneira participativa, dinámica e moi práctica. A presenza de economistas implicados diariamente na xestión empresarial e a participación dos auditores,  creará un marco idóneo para a análise, o debate e a interpretación práctica dos criterios evacuados polo ICAC.

 

-  Proxecto de norma de rexistro e valoración de inmobilizados materiais e investimentos inmobiliarios ( ICAC; novembro 2012).

-  Prioridade do fondo sobre a forma: ingresos que emerxen

-  Imputación de Subvencións e indemnizacións.

-  Resultados derivados dalgunhas situacións concursais.

-  A correcta interpretación da Norma sobre operacións entre empresas do grupo

-  Rexistro de Impostos diferidos e saldos coas administracións públicas.

-  Achegas non dinerarias, dividendos en especie,…operacións entre os socios –persoas físicas- e as sociedades.

-  A complexa delimitación de grupo e empresas asociadas.

-  Aumentos de capital por compensación de créditos

-  O reflexo da deterioración de activos

-  Rappels anticipados.

-  Combinacións de negocios,  fusións e escisións.

-  Tratamento contable dos alugueres: carencias, incentivos, custos,…

-  Operacións varias  con Instrumentos Financeiros,  cooperativas, etc.

-  As implicacións dunha Actualización de Balances en 2013, …

 

Relator
Juan Luís Domínguez
Economista. Auditor de contas. ECIF. Profesor Titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Barcelona. Experto en NIC/NIIF e Reforma Contable


Duración

4 horas lectivas. 

Lugar de celebración e horario

Sede do Colexio de Economistas
Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

De 15,30 a 19,30 horas

Homologación REA e TAP

Este curso é computable na súa totalidade como materia de auditoría e contabilidade, a efectos das obrigacións de formación continuada, establecidas pola normativa de auditoría vixente.

 

Así mesmo serán computados a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento da Quenda de Actuación Profesional do Colexio.

 

Matrícula

 

 Xornada completa

Deterioración dos activos

Actualización contable

Colexiados e persoal dos seus despachos:

125,00 €

75,00 €

75,00 €

Membros REA e persoal dos seus despachos:

100,00 €

60,00 €

60,00 €

Outros participantes:  

200,00 €

120,00 €

120,00 €

 

NOTA: coa mesma data, en horario de tarde, celebrarase outro curso sobre ACTUALIZACIÓN CONTABLE, a cargo do mesmos relatores. É posible a inscrición conxunta ou nun só dos cursos.

[INSCRICIÓN CURSO DETERIORACIÓN DE VALOR DOS ACTIVOS NO PECHE 2012]

[INSCRPCIÓN CURSO ACTUALIZACIÓN CONTABLE PARA ECONOMISTAS E AUDITORES]

[INSCRICIÓN CONXUNTA A AMBOS OS CURSOS]

 

 

Descontos: 10% segunda e sucesivas matrículas

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

 

Formación bonificable pola Fundación Tripartita (só se se agarraches á xornada completa)

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade