Lugar de celebración: A Coruña, Sede del Colegio de Economistas | |||
Preinscrición: 19/12/2012-18/01/2013 |
Matrícula: 19/12/2012-18/01/2013 |
Celebración: 21/01/2013-21/01/2013 |
|
Formación: |
Áreas de formación: Contabilidade, Auditoría. |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
Nun contexto económico non expansivo como o actual, contablemente é necesario dar resposta á medición e rexistro dunha probable perda de valor dos activos da empresa, destacando pola súa candente actualidade os activos inmobiliarios e o fondo de comercio. O PGC 2008 incorporou un novo enfoque, introducindo conceptos tradicionalmente non utilizados polos profesionais: valor recuperable, valor de uso, valor neto de realización, a necesidade de definir as unidades xeradoras de efectivo da empresa,…etc.
Cando o valor en libros dun activo ou grupo de activos non se pode recuperar coa venda ou co seu uso, será necesario catalogalo como deteriorado e recoñecer a perda. Con posterioridade, tal minusvalía pode recuperarse, e entón reverte a deterioración.
A norma vixente resulta exigua e presenta abundantes lagoas, que se irán estudando co apoio da normativa internacional.
O obxectivo deste seminario é analizar os indicios, a cuantificación e o rexistro da deterioración que pode encubrirse tras as rúbricas dun balance. Igualmente abordaranse recentes consultas do BOICAC sobre a materia, así como a deterioración dos activos non xeradores de fluxos de efectivo (EHA 733/2010).
O desenvolvemento da sesión irá acompañado de casos prácticos ilustrativos e casos reais de empresas que recentemente afrontaron severas deterioracións.
Programa
1- ¿Cales son os indicios de deterioración a ter en conta?
2- Análise da nova terminoloxía e o seu alcance práctico: Valor de uso, Valor recuperable, UGE's , Valor neto de realización…etc. A delimitación dos fluxos de caixa e a necesidade de cálculos financeiros. (taxas de desconto a utilizar, WACC, taxas de risco, …)
3- Cálculo do importe recuperable en inmobilizados materiais, activos intangibles, existencias, instrumentos financeiros, activos non correntes mantidos para a venda. A reversión da deterioración.
4- Casos particulares: Activos Inmobiliarios e Fondo de Comercio. Tratamento da deterioración nunha unidade xeradora de tesouraría.
5- A deterioración de valor na Orde EHA 733/2010.
6- Repercusión posterior sobre a amortización, o efecto impositivo, os indicadores financeiros, … Información a revelar.
7- Casos reais de empresas e supostos prácticos.
4 horas lectivas.
Sede do Colexio de Economistas
Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
De 9,30 a 13,30 horas
Este curso é computalble lles na súa totalidade como materia de auditoría e contabilidade, a efectos das obrigacións de formación continuada, establecidas pola normativa de auditoría vixente. |
|
Así mesmo serán computados a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento da Quenda de Actuación Profesional do Colexio.
Matrícula
|
Xornada completa |
Deterioración dos activos |
Actualización contable |
Colexiados e persoal dos seus despachos: |
125,00 € |
75,00 € |
75,00 € |
Membros REA e persoal dos seus despachos: |
100,00 € |
60,00 € |
60,00 € |
Outros participantes: |
200,00 € |
120,00 € |
120,00 € |
NOTA: coa mesma data, en horario de tarde, celebrarase outro curso sobre ACTUALIZACIÓN CONTABLE, a cargo do mesmos relatores. É posible a inscrición conxunta ou nun só dos cursos.
[INSCRICIÓN CURSO DETERIORACIÓN DE VALOR DOS ACTIVOS NO PECHE 2012]
[INSCRPCIÓN CURSO ACTUALIZACIÓN CONTABLE PARA ECONOMISTAS E AUDITORES]
[INSCRICIÓN CONXUNTA A AMBOS OS CURSOS]
Descontos: 10% segunda e sucesivas matrículas
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org