Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Deterioración do valor dos activos no peche 2012

Lugar de celebración: A Coruña, Sede del Colegio de Economistas
Preinscripción:
19/12/2012-18/01/2013
Matrícula:
19/12/2012-18/01/2013
Celebración:
21/01/2013-21/01/2013
Formación:
Áreas de formación:
Contabilidad, Auditoría.
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

A Coruña, 21 de xaneiro 2013

Nun contexto económico non expansivo como o actual, contablemente é necesario dar resposta á medición e rexistro dunha probable  perda de valor dos activos da empresa, destacando pola súa candente actualidade os activos inmobiliarios e o fondo de comercio. O PGC 2008 incorporou un novo enfoque, introducindo conceptos tradicionalmente non utilizados polos profesionais: valor recuperable, valor de uso,  valor neto de realización, a necesidade de definir as unidades xeradoras de efectivo da empresa,…etc.

 

Cando o valor en libros dun activo  ou grupo de activos non se pode recuperar coa venda ou co seu uso, será necesario catalogalo como deteriorado e recoñecer a perda. Con posterioridade, tal minusvalía pode recuperarse,  e  entón reverte a deterioración.

 

A norma vixente resulta exigua e presenta abundantes lagoas, que se irán estudando co apoio da normativa internacional.

 

O obxectivo deste seminario é analizar  os indicios, a cuantificación e o  rexistro da deterioración que pode encubrirse tras as rúbricas dun balance. Igualmente abordaranse recentes consultas do BOICAC sobre a materia, así como a deterioración dos activos non xeradores de fluxos de efectivo (EHA 733/2010).

 

O desenvolvemento da sesión irá acompañado de casos prácticos ilustrativos e casos reais de empresas que recentemente afrontaron severas deterioracións.

 

Programa

1- ¿Cales son os indicios de deterioración a ter en conta?

 

2- Análise da nova terminoloxía e o seu alcance práctico: Valor de uso, Valor recuperable, UGE's , Valor neto de realización…etc.  A delimitación dos fluxos de caixa e a  necesidade de cálculos financeiros. (taxas de desconto a utilizar, WACC, taxas de risco, …)

 

3- Cálculo do importe recuperable en inmobilizados materiais, activos intangibles, existencias, instrumentos financeiros, activos non correntes mantidos para a venda. A reversión da deterioración.

 

4- Casos particulares: Activos Inmobiliarios e Fondo de Comercio. Tratamento da deterioración nunha unidade xeradora de tesouraría.

 

5- A deterioración de valor na Orde EHA  733/2010.

 

6- Repercusión posterior sobre a amortización, o efecto impositivo, os indicadores financeiros, … Información a revelar.

 

7- Casos reais de empresas e supostos prácticos.


 

Relator
Juan Luís Domínguez
Economista. Auditor de contas. ECIF. Profesor Titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Barcelona. Experto en NIC/NIIF e Reforma Contable

 
Duración

4 horas lectivas. 

Lugar de celebración e horario

Sede do Colexio de Economistas
Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

De 9,30 a 13,30 horas

 

Homologación REA e TAP

Este curso é computalble lles na súa totalidade como materia de auditoría e contabilidade, a efectos das obrigacións de formación continuada, establecidas pola normativa de auditoría vixente.

 

Así mesmo serán computados a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento da Quenda de Actuación Profesional do Colexio.

 

Matrícula

 

 Xornada completa

Deterioración dos activos

Actualización contable

Colexiados e persoal dos seus despachos:

125,00 €

75,00 €

75,00 €

Membros REA e persoal dos seus despachos:

100,00 €

60,00 €

60,00 €

Outros participantes:  

200,00 €

120,00 €

120,00 €

 

NOTA: coa mesma data, en horario de tarde, celebrarase outro curso sobre ACTUALIZACIÓN CONTABLE, a cargo do mesmos relatores. É posible a inscrición conxunta ou nun só dos cursos.

[INSCRICIÓN CURSO DETERIORACIÓN DE VALOR DOS ACTIVOS NO PECHE 2012]

[INSCRPCIÓN CURSO ACTUALIZACIÓN CONTABLE PARA ECONOMISTAS E AUDITORES]

[INSCRICIÓN CONXUNTA A AMBOS OS CURSOS]


Descontos:
10% segunda e sucesivas matrículas

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

 

Formación bonificable pola Fundación Tripartita (só no caso de asistencia ao curso completo) 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade