Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Información sobre o tratamento de datos nas Listas TAP

 

¿Quen é o Responsable do Tratamento?

Identidade: Consello Galego de Economistas, así como cada Colexio de Economistas destinatario das solicitudes, en canto a cesionarios e responsables dos seus propios tratamentos de datos no exercicio as súas funcións.
Dirección: Av. do Burgo, s/n (Facultade Económicas), 15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 154325
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org
Contacto DPD: dpd@atdata.es


¿Con que finalidade tratamos os seus datos?
Os datos que nos facilita son tratados coa finalidade de confeccionar as listas de quendas de actuación profesional de acordo coas normas establecidas polo Consello Galego de Economistas e o Colexios que o integran, en cumprimento e ao amparo da normativa vixente, das normas dos Rexistros especializados correspondentes e en aras a velar polo adecuado nivel de calidade das prestacións profesionais dos colexiados.


¿Por canto tempo consérvanse os seus datos?
Os seus datos serán conservados mentres cumpra cos requisitos esixidos na normativa aplicable durante o período de vixencia ou vostede non revogue o seu consentimento.


¿Cal é a legitimación para o tratamento dos seus datos?
A base legal do tratamento é o consentimento do interesado e o cumprimento legal de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 11/2001 de Colexios Profesionais.


¿A quen se comunican os seus datos?
Os seus datos serán comunicados aos rexistros correspondentes que se detallan na propia solicitude coa finalidade de cumprir coas normas legais que regulan a actividade profesional. Tamén se comunicarán a cada un dos Colexios de Economistas que corresponde para a correcta xestión do servizo e dentro do exercicio das súas competencias. A confección de listaxes de quendas de actuación profesional terá carácter de fonte accesible ao público.


Os seus datos tamén poden ser comunicados ás autoridades administrativas con competencia na materia dentro dos supostos legalmente previstos.

¿Cales son os seus dereitos?
O titular dos datos ten dereito a:

• Acceder aos seus datos
• Rectificar os seus datos
• Suprimir os seus datos

Nalgúns casos e conforme ás previsións establecidas o interesado poderá:
• Portar os seus datos a outro Responsable
• Oporse a todo ou parte do tratamento
• Limitar o uso dos seus datos persoais

O interesado poderá en calquera momento retirar o consentimento facilitado.

En caso de non satisfacer os seus dereitos, pode presentar reclamación ante a Autoridade de Protección de Datos en C/ Jorge Juan 6, 28001, Madrid.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade