De acordo coa lexislación estatal e autonómica reguladora dos colexios profesionais, estes teñen entre os seus fins esenciais a protección dos intereses dos consumidores e usuarios dos servizos dos seus colexiados.
A interposición dunha queixa ou reclamación pode facerse directamente no Colexio de Economistas correspondente ou ben a través do Consello Galego de Economistas que se encargará de transmitila ao Colexio destinatario.
O escrito deberá indicar o nome do denunciante, identificar ao economista obxecto da denuncia e especificar de forma clara os feitos contrarios ás súas obrigacións profesionais que se lle imputan. Pode utilizarse o formulario dispoñible na sección documentos, que haberá de enviarse por carta, fax ou correo electrónico.
Datos de contacto:
Dirección: Avda. Burgo, s/n. (Facultade Económicas). 15782 Santiago de Compostela.
Teléfono: 981 573236 - Fax: 981 572863
Mail: consellogalego@economistas.org
Ademais, para calquera reclamación sobre os seus dereitos pode recorrer ás organizacións de consumidores e usuarios. Na seguinte ligazón da páxina web do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade pode obter información sobre os organismos ante os cales pode tramitar a súa reclamación.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org