Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

A fase de liquidación (Ciclo actualización concursal)

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
10/03/2011-06/04/2011
Matrícula:
11/03/2011-06/04/2011
Celebración:
07/04/2011-07/04/2011
Formación:
Áreas de formación:
Concursal.
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Obxectivo

A inminente reforma da Lei Concursal, cuxo anteproxecto foi aprobado o pasado mes de decembro, vai supor un importante cambio dalgúns aspectos do concurso. Entre outros, e co obxectivo de minimizar a duración dos concursos, ampliaranse substancialmente as funcións e facultades dos administradores concursais, dotándolles consecuentemente cunha maior carga de responsabilidade.

Este curso é o pon fin ao ciclo de actualización concursal que foi organizado polo Colexio de Economistas da Coruña e que comprendeu un total de 4 seminarios  durante catro xoves consecutivos, desde o 17 de marzo.

A asistencia é independente, de modo que pode realizarse inscrición no ciclo completo ou nos cursos do mesmo que resulten de interese.

 

Programa e relatores

 

7 de abril 2011

A FASE DE LIQUIDACION

____________________________________________________________________
Programa:

-          A liquidación: Finalidade e efectos

-          Apertura da  fase de liquidación

-          A liquidación anticipada

-          Plan de liquidación e as operacións de liquidación

-          Pago dos créditos contra a masa: O artigo 154

-          Pago ao resto dos acredores

Relator:

Alejandro Alvargonzález Tremols

Avogado. Socio director de Alvargonzález & Asociados Avogados 

 

 

Horario e lugar de celebración 
Xoves, 7 de abril, de 16:30 a 20:00 horas
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º, A Coruña

Homologación

As horas de formación deste Curso serán computadas a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento do TAP do Colexio de Economistas da Coruña.

Así mesmo este ciclo de seminarios está homologado polo Rexistro de Economistas Forenses do Consello Xeral de Colexios de Economistas.

  

Matrícula

Colexiados  e persoal dos seus despachos:

Outros participantes:

1 seminario

70,00 €

120,00 €

2 seminarios

130,00 €

210,00 €

3 seminarios

180,00 €

290,00 €

Ciclo completo (4 seminarios)

220,00 €

360,00 €

 

Descontos:

10% segunda e sucesivas matrículas

 

Nota: a redución de tarifa por inscrición a máis dun seminario non se calculará automaticamente ao realizar a inscrición -excepto na inscrición ao ciclo completo- pero  será aplicada polo Colexio ao realizar a facturación.

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

 

 

Forma de pago

Transferencia bancaria: 2080-0534-50-0040003298
Data límite: unha vez confirmada a praza por parte do Colexio deberá abonarse a inscrición no prazo máximo de 3 días hábiles. Toda inscrición non abonada no devandito prazo perderá a reserva de praza.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade