Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Curso práctico Excel e Operacións Financeiras adaptadas ao novo PGC: nivel medio

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
31/10/2011-15/11/2011
Matrícula:
31/10/2011-15/11/2011
Celebración:
16/11/2011-16/11/2011
Formación:
Áreas de formación:
Informática, Auditoría, Contabilidad.
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Obxectivo

Curso práctico de Excel Financeiro, ferramenta fundamental de traballo para o desenvolvemento correcto das normas de rexistro e valoración do RD1514/2007.

 

A modificación dos criterios de rexistro e valoración fai necesario o coñecemento das operacións financeiras que afectan non só ás normas 8 e 9, de carácter puramente financeiro, senón a outras normas, 2,3 4, 5 e 6 nas que son necesarios estes coñecementos para o rexistro de provisións, deterioracións de valor, fianzas…

 

A folla de cálculo e a combinación coas operacións financeiras permite crear de maneira rápida táboas coa  información contable correcta.

 

Metodoloxía

É necesario que cada asistente traia un  computador portátil co programa Excel instalado.

Relator
Carlos Martínez da Riva Vivanco
Director Financeiro de Centro Europeo de Estudos Profesionais. Colaborador do REA-CGCEE

Programa

Estudo das operacións financeiras:

- Equivalencia financeira.

· Leis financeiras.

· Capitalización simple. Normas 9 e 14. Casos prácticos.

· Tantos equivalentes en capitalización simple. Casos prácticos.

· Desconto Simple: Operacións de desconto e factoring. Rexistro a custo histórico dun pasivo. Casos prácticos.

· Capitalización composta. Normas 2, 3 e 4. Casos prácticos.

· Tantos equivalentes en capitalización composta. Casos prácticos.

· Desconto Composto: Fianzas. Casos prácticos.

Préstamos, Leasing e Renting. Normas 8 e 9.

- Rendas.

· Rendas financeiras. Valor actual e valor en uso Normas 2, 3 e 4.

· Rendas anuais constantes.

· Rendas constantes fraccionadas.

· Casos prácticos.

- Concepto de préstamo e características.

- Métodos de amortización:

· Método francés.

· Método Italiano.

· Método alemán.

- Sistema de custo amortizado aplicado aos distintos métodos de amortización.

- TAE, Tanto Nominal e TIR.

- Casos prácticos.

Excel Financeiro adaptado ao Novo Plan Xeral Contable.

- Funcións financeiras:

· Función VNA: Pospagable e Prepagable.

· Función VAI: Pospagable e Prepagable.

· Función PAGO, PAGOINT e PAGOPRIN.

· Función TIR e TAXA.

· Casos prácticos.

 

Duración

8 horas lectivas


Data, horario e lugar de celebración
Mércores, 16 de novembro,  de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30  horas
Hotel Attica 21. C/ Enrique Mariñas, nº 34  (Matogrande). A Coruña

Nota: no caso de que haxa suficiente demanda o curso repetirase no mesmo lugar e horario ao día seguinte (xoves 17 de novembro)

 

Homologación

Aos efectos da formación obrigatoria requirida polo futuro Regulamento da Lei de Auditoría de Contas, aos membros do Rexistro de Economistas Auditores asistentes, se lles convalidará este Curso, en función dos requisitos que o citado Regulamento estableza.

Así mesmo, as horas de formación deste Curso serán computadas a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento do TAP do Colexio de Economistas da Coruña.

 


Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos:

160,00 €

Outros participantes:  

260,00 €

 

Descontos (non acumulables):

20% membros do REA e do ECIF
10% segunda e sucesivas matrículas

 

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade