Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

O Regulamento de Protección de Datos e os economistas_A Coruña 11 marzo 2009

Lugar de celebración: A Coruña
Preinscrición:
26/02/2009-09/03/2009
Matrícula:
02/03/2009-10/03/2009
Celebración:
11/03/2009-11/03/2009
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

En colaboración co Rexistro de Auditores de Sistemas da Información e coa Axencia Española de Protección de Datos

Obxectivos

O Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica de Protección de Datos que entrou en vigor o pasado ano 2008 introduciu importantes novidades na materia de protección de datos.

O obxectivo deste seminario é revisar os aspectos máis importantes que afectan aos profesionais, desde un dobre punto de vista, o da propia Axencia de Protección de Datos e o do auditor dos sistemas de información.

Relatores

Luis de Salvador
Xefe do Área de Inspección da Axencia de Protección de Datos

Alberto Velasco
Director do Servizo de Estudos do Consello Xeral de Colexios de Economistas de España

Programa

1.  Fins, ámbito de aplicación,  principios de protección de datos  e  ficheiros

  • Obxecto e ámbito de aplicación da Lei Orgánica de Protección de Datos
  • Definicións
  • Principios da protección de datos
  • Dereito das persoas
  • ¿Que é a Axencia de Protección de Datos?
  • Tipos de datos: básico, medio e alto
  • Ficheiros de titularidade pública e privada
  • Movementos internacionais de datos
  • Infraccións e sancións

2.  Novidades do novo Regulamento de Protección Datos 2008

3.  Declaración de ficheiros

4.  Auditoría protección de datos. Documento de seguridade.

  • Alcance
  • Aspecto externo: Datos declarados á Axencia Española de Protección de Datos.
  • Aspecto interno: Estudo e grao de implementación de seguridade

5.  Documento de seguridade

Lugar de celebración, duración e horario

Sede do Colexio de Economistas
Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

 7 horas lectivas en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas


Matrícula

  •  Colexiados: gratuíta
  •  Outros participantes: 60,00 €

 

PRAZAS LIMITADAS PREFERENCIA COLEXIADOS (Máximo 2 colexiados por despacho) RIGOROSA ORDE DE INSCRIPCIÓN

[Solicitar inscrición]

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade