
| Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
| 
        Preinscrición:  08/09/2010-08/11/2010  | 
      
        Matrícula:  13/09/2010-08/11/2010  | 
      
        Celebración:  09/11/2010-09/11/2010  |    
    |
| 
        Formación:  | 
      
        Áreas de formación:  Fiscal.  | 
      
        Acceso:  Aberto. Inscrición previa.  | 
    |
O obxectivo do Curso é analizar de forma exhaustiva o réxime de consolidación fiscal, analizando en detalle todos os pormenores do mesmo e expondo a súa utilización como unha auténtica ferramenta de planificación fiscal por parte do especialista en asesoramento tributario.
O grupo de sociedades. Diferenzas entre grupo mercantil e fiscal. 
O grupo de sociedades e o seu réxime fiscal. 
O grupo fiscal: 
- A sociedade dominante. 
- As sociedades dependentes. 
- O dominio. 
- O suxeito pasivo do Imposto sobre Sociedades. 
- As posibles alteracións do grupo e as súas consecuencias: 
• Extinción do grupo. 
• Reestruturación do grupo: 
* Por fusións. 
* Por escisións. 
* Por achega de ramas de actividade.
Requisitos para a aplicación do réxime fiscal.
Esquema de liquidación do IS consolidado:
- Homogenización previa
- Diferenza de primeira consolidación
- Determinación da base impoñible consolidada
- Determinación da base impoñible individual
- Eliminacións de partidas recíprocas
- Eliminacións de resultados operacións internas
- Correccións por deterioración entre sociedades do grupo
- Incorporacións
- Compensación de BIN en grupos de sociedades
A cota íntegra do grupo. 
As deducións e bonificacións aplicables ao grupo. 
Aspectos prácticos: 
- A declaración e autoliquidación do grupo. 
- Retencións e pagos a conta no grupo. 
- A carga tributaria e a súa repartición no grupo. 
- As bases impoñibles negativas e a súa imputación no grupo. 
- Vantaxes e inconvenientes da consolidación fiscal fronte a réxime individual do imposto
8 horas lectivas 
Data, horario e lugar de celebración 
9 de novembro 2010,  de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas 
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º, A Coruña
Homologación 
As horas de formación deste Curso serán computadas a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento do TAP do Colexio de Economistas da Coruña.
| 
 Colexiados e persoal dos seus despachos:  | 
 150,00 €  | 
| 
 Outros participantes:  | 
 240,00 €  | 
Desconto: 10% segunda e sucesivas matrículas
Desconto adicional:
Este curso inscríbese dentro do programa especial formativo sobre consolidación de contas composto por 4 cursos. (*)
A inscrición a máis dun curso deste programa ten os seguintes descontos adicionais:
Inscrición 2 cursos: 5% adicional no 2º curso.
Inscrición 3 cursos: 5% adicional no 2º curso e 10% no 3º curso.
Inscrición 4 cursos: 5% adicional no 2º curso, 10% no 3º curso e 15% no 4º curso.
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
Transferencia bancaria: 2080-0534-50-0040003298
Data límite: unha vez confirmada a praza por parte do Colexio deberá abonarse a inscrición no prazo máximo de 3 días hábiles. Toda inscrición non abonada no devandito prazo perderá a reserva de praza.
(*) Cursos programa sobre consolidación de contas:
Consolidación contable básico – 23 de setembro
Novas normas de consolidación (NOFCAC 2010) – 14 de outubro
Consolidación fiscal – 9 de novembro
Análise das modificacións no PGC para o 2010 – 15 de novembro
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
                    15782 Santiago de Compostela.
                    Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
 Correo electrónico: consellogalego@economistas.org