Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
Preinscrición: 09/09/2010-12/11/2010 |
Matrícula: 13/09/2010-15/11/2010 |
Celebración: 15/11/2010-15/11/2010 |
|
Formación: |
Áreas de formación: Contabilidade, Auditoría. |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
O Real Decreto 1159/2010 (BOE 24/09/2010) que modifica o PGC2007 e que aproba as normas para a formulación das contas consolidadas, resulta de aplicación ao peche 2010. No fondo é unha adaptación aos cambios habidos nas IFRS, pero que supoñen unha modificación substancial dos conceptos e da metodoloxía até hoxe utilizada.
A nova normativa aplícase ás contas anuais iniciadas desde o 1 de xaneiro de 2010, polo que o seu coñecemento resulta indispensable para a formulación do peche 2010. A modificación do PGC afecta basicamente ás operacións de combinacións de negocios, ás operacións entre empresas do grupo, á norma de valoración de instrumentos financeiros e á norma de contabilización do imposto sobre beneficios.
Ademais do seu indubidable interese para a formulación das contas individuais, a nova norma de rexistro e valoración 19ª resulta esencial para a elaboración de estados consolidados, tendo en conta que contablemente o punto de partida marcarao a nova NRV 19ª, cos cambios que levará nas consolidacións posteriores.
O ano pasado, a Lei 3/2009 incorporou unha nova lexislación mercantil para regular operacións empresariais que frecuentemente caen no ámbito contable das Combinacións de Negocios. O seu alcance foi mais alá das fusións e escisións, xa que alcanzou a novas operacións como as fusións abreviadas e outras fusións especiais, fusión apalancada, absorción de sociedade integramente participada, fusións á inversa, fusións de sociedade participada ao 90%, operacións de segregación patrimonial, negocios coas accións propias, achegas non dinerarias, cesión global de activo e pasivo,… etc. Estas operacións agora son reguladas contablemente coa nova normativa.
As combinacións de negocios regúlanse seguindo as directrices da nova NIIF 3, o que implica unha normativa máis complexa, con máis requirimentos, con abundantes pormenores agora regulados e cun importante despregamento informativo sobre os fondos de comercio, as sinerxías, as valoracións de intangibles, etc.
O concepto de negocio, o novo tratamento previsto para a retroactividad contable ou data de adquisición, a contabilidade das sociedades extinguidas, o novo cálculo do Fondo de Comercio, as contrapartidas continxentes, a imputación dos custos, o tratamento das transaccións separadas, …, constitúen aspectos cuxa delimitación e alcance constitúe un primeiro banzo a clarificar, e que afecta tanto ás contas individuais como ás consolidadas.
A nivel de operacións entre empresas de grupo, a nova normativa regula novas operacións e establece criterios de valoración distintos aos xa derrogados, fundamentando a maior parte das valoracións nas contas consolidadas.
O tema resulta de plena actualidade, máxime cando na actual conxuntura, en ocasións unha reestruturación empresarial ou reorganización dos negocios pode resultar unha medida para manter á boia a empresa, lograr sinerxías e mellorar a imaxe patrimonial, unha opción estratéxica en tempos de dificultades; ademais, de que o propio BOICAC manifestouse recentemente sobre estas operacións.
Esta xornada pretende analizar con detalle as modificacións do PGC2007, os temas básicos e os máis conflitivos que xa deberán terse presentes para o peche 2010, e facilitar aos profesionais e auditores os coñecementos teóricos e prácticos para acometer con éxito o seu labor nas operacións de combinación de negocios, as fusións, escisións, achegas non dinerarias,…, e outras operacións societarias modificadas polo Real Decreto. A fin de dar a coñecer as modificacións xa previstas para o exercicio 2010 e as súas repercusións, desenvólvese esta xornada co ánimo de analizar os cambios e que os asistentes poidan anticipar os impactos nas empresas e asesorar con maior fundamento aos seus clientes.
1. Análise das principais modificacións contables derivadas do Real Decreto 1159/2010.
2. Modificacións estruturais versus combinacións de negocios, ¿en que supostos son coincidentes? Terminoloxía contable-mercantil-tributaria.
3. ¿Segue sendo posible establecer a retroactividad contable.¿Como cambia o cálculo do Fondo de Comercio e as modificacións posteriores? ¿Como actuar se a data de inscrición é posterior ao peche do exercicio?
4. Como tratar as operacións entre sociedades integramente participadas, entre empresas do grupo, entre sociedades vinculadas.
5. ¿Constitúen negocio todas as modificacións estruturais reguladas? ¿E o adquirido non é negocio?
6. Os cambios nas valoracións patrimoniais: afloramiento de pasivos continxentes e de intangibles, plusvalías das participacións previas.
7. A regulación específica das fusións á inversa, as combinacións de negocios por etapas, os axustes durante a etapa provisional, a valoración do fondo de comercio, as operacións simultáneas, etc..
8. Os cambios no imposto sobre beneficios e nos instrumentos financeiros. O afloramiento de activos fiscais posteriores.
9. Rexistro contable doutras operacións reguladas polo Real Decreto 1159/2010. Comentario a recentes consultas do ICAC e comentario sobre a súa actual validez.
10. O impacto das modificacións sobre o resultado e o patrimonio. Supostos prácticos explicativos e casos reais de empresas.
8 horas lectivas
Data, horario e lugar de celebración
15 de novembro 2010, de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º, A Coruña
Homologación
Aos efectos da formación obrigatoria requirida polo futuro Regulamento da Lei de Auditoría de Contas, aos membros do Rexistro de Economistas Auditores asistentes, se lles convalidará este Curso, en función dos requisitos que o citado Regulamento estableza.
Así mesmo, as horas de formación deste Curso serán computadas a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento do TAP do Colexio de Economistas da Coruña.
Colexiados e persoal dos seus despachos: |
150,00 € |
Outros participantes: |
240,00 € |
Descontos (non acumulables):
20% membros do REA
10% segunda e sucesivas matrículas
Desconto adicional:
Este curso inscríbese dentro do programa especial formativo sobre consolidación de contas composto por 4 cursos. (*)
A inscrición a máis dun curso deste programa ten os seguintes descontos adicionais:
Inscrición 2 cursos: 5% adicional no 2º curso.
Inscrición 3 cursos: 5% adicional no 2º curso e 10% no 3º curso.
Inscrición 4 cursos: 5% adicional no 2º curso, 10% no 3º curso e 15% no 4º curso.
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
Transferencia bancaria: 2080-0534-50-0040003298
Data límite: unha vez confirmada a praza por parte do Colexio deberá abonarse a inscrición no prazo máximo de 3 días hábiles. Toda inscrición non abonada no devandito prazo perderá a reserva de praza.
(*) Cursos programa sobre consolidación de contas:
Consolidación contable básico – 23 de setembro
Novas normas de consolidación (NOFCAC 2010) – 14 de outubro
Consolidación fiscal – 9 de novembro
Análise das modificacións no PGC para o 2010 – 15 de novembro
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org