Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Actualización contable: recentes consultas do BOICAC e outra normativa de interese

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
26/02/2015-12/04/2015
Matrícula:
26/02/2015-12/04/2015
Celebración:
13/04/2015-13/04/2015
Formación:
Áreas de formación:
Contabilidade.
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña, 13 de abril 2015 

Conforme nos imos aproximando á formulación das contas do exercicio 2014,  convén dedicar unhas horas da nosa vida profesional á actualización de coñecementos, ao repaso das operacións habidas e simultaneamente  reflexionar sobre como quedará o balance  e a conta de resultados 2014. Nos últimos Boletíns Oficiais do Instituto de Contabilidade e Auditoría publicáronse numerosas consultas, unhas sobre complexas operacións empresariais de actualidade, e outras que buscan achegar luz sobre as interpretacións que afloran coa aplicación práctica da normativa contable resultante do novo PGC.  

As prioridades do día a día non facilitan o seguimento e a análise das implicacións da normativa contable aprobada e dos pronunciamentos do ICAC máis recentes, nin tampouco unha sosegada reflexión sobre cuestións de certa complexidade que presenta a realidade empresarial. Co obxectivo de analizar e aclarar os pronunciamentos últimos do ICAC e outra normativa recente, organízase esta XORNADA DE ACTUALIZACION CONTABLE, de gran utilidade para a aplicación e interpretación das normas, para facilitar a resolución de problemas nas empresas clientes, e simultaneamente pór ao día aos equipos profesionais dos despachos.


Organizan

Colexios de Economistas e de Titulados Mercantís da Coruña

Programa

-     Último Boicac: Arrendamento con opción de compra deducindo os alugueres pagos; venda de inmoble suxeita  a condición suspensiva, franquía, indemnización por litixio, …

-     Medición do patrimonio neto, RDL 4/2014

-     Novidades a ter en conta das últimas Resolucións aprobadas polo ICAC

·         Sobre a aplicación do principio de Liquidación

·         Deterioración de valor dos activos, Inmobilizado Intangible

·         Inmobilizado Material e Investimentos Inmobiliarios.

-        Implicacións dos cambios nos límites para a formulación das contas anuais abreviadas,  Lei 14/2013.

-     Reflexo do IVE de caixa

-     Tratamento contable dun procedemento de despedimento colectivo que afecta a varios exercicios

-     Avais outorgados a filiais e execución de garantías hipotecarias.

-     Daciones en pago

-     Tratamento contable dos alugueres: rendas graduadas, carencias, incentivos, custos, pagos en especie,…

-     Créditos por perdas a compensar

-     Ámbito de aplicación do PGC de Entidades sen fins lucrativos.

-     Bonificacións nas cotizacións á S Social.

-     Cooperativas: capital social ou pasivo esixible.

-     Concesións administrativas.

-     Reflexo da declaración tributaria especial, modelo 750.

-     Sobre a auditoría dunha entidade en liquidación.

-     Gastos financeiros non deducibles, RDL 12/2012.

-     Prezos continxentes e deveño de ingresos.

-     A complexa delimitación de grupo e empresas asociadas.

-     Aumentos de capital por compensación de créditos

-     O reflexo da deterioración de activos

-     Combinacións de negocios,  fusións e escisións.

-     As implicacións da Actualización de Balances.

-     Operacións entre empresas do grupo, ou cos seus socios.

-     Custos de urbanización de terreos

-     Execución de garantías hipotecarias

-     Cancelación de débeda con entrega de existencias.

-     Diferentes operacións entre a dominante e a filial.

-     Derivados financeiros: contratos de equity swap e swap de inflación.

-     Amortización e deterioración en explotacións agrícolas

-     Casos de renuncia ao contrato de auditoría

-     Opinión denegada: conflitos de Rexistro Mercantil e auditor.

-     Consideración ou non de certos traballos como actividade de auditoría.

-     Concesións administrativas,

-     Alugueres con rendas graduadas

-     Singularidades contables das reestruturacións de débedas, implicacións do  RDL 4/2014,

-     Algúns efectos contables derivados da Lei 27/2014, do Imposto de Sociedades: cambios no tipo de gravame, reserva de nivelación para Pemes, …

-     Etc…
 

Relator

Juan Luís Domínguez

Economista. Auditor de contas. ECIF. Profesor Titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Barcelona. Experto en NIC/NIIF e Reforma Contable

Duración

4 horas lectivas.

Lugar de celebración e horario

Sede do Colexio de Economistas
Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

De 9,30  a 13,30 horas

Homologación REA e TAP

Estes cursos son computables na súa totalidade como materia de auditoría e contabilidade, a efectos das obrigacións de formación continuada, establecidas pola normativa de auditoría vixente.

Así mesmo serán computados a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento da Quenda de Actuación Profesional do Colexio.

NOTA: coa mesma data, en horario de tarde, celebrarase outro curso sobre ACTIVOS INTANGIBLES, a cargo do mesmo relator. É posible a inscrición conxunta ou nun só dos cursos.

 

Matrícula

 

Actualización contable

Activos intangibles

Xornada completa

Colexiados e persoal dos seus despachos:

75,00 €

75,00 €

125,00 €

Membros REA e persoal dos seus despachos:

60,00 €

60,00 €

100,00 €

Outros participantes:  

120,00 €

120,00 €

200,00 €

 

[INSCRICIÓN CURSO ACTIVOS INTANGIBLES]

[INSCRICIÓN CONXUNTA A AMBOS OS CURSOS]

Descontos: 10% segunda e sucesivas matrículas 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN 

 

Formación bonificable pola Fundación Tripartita (só xornada completa)

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade