Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
Preinscrición: 18/02/2014-26/02/2014 |
Matrícula: 18/02/2014-26/02/2014 |
Celebración: 27/02/2014-27/02/2014 |
|
Formación: |
Áreas de formación: |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
A Coruña, 27 de febreiro 2014
En decembro pasado o Consello Xeral de Economistas asinou un convenio de colaboración co Instituto Nacional da Seguridade Social. Este acordo enmárcase dentro das actividades e obxectivos do EAL (órgano especializado do Consello que agrupa aos economistas asesores laborais) e vén potenciar o labor dos economistas no ámbito laboral, facilitando a realización de diversos trámites aos seus clientes ante o INSS, entre eles a presentación de solicitudes de prestacións.
Neste convenio enmárcase a plataforma TESOL do INSS, para a transmisión electrónica das solicitudes de prestacións sociais (xubilación, viuvez-orfandade, maternidade e paternidade), á que o noso colectivo terá pleno acceso e á que se irán incorporando paulatinamente novas funcionalidades.
19,00 h APERTURA
Miguel A. Vázquez Taín. Decano-Presidente do Colexio de Economistas da Coruña
Roberto Pereira Costa. Presidente de Economistas Asesores Laborais-Consello Xeral de Economistas
19,10 h PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA TESOL (Transmisión electrónica das solicitudes de prestacións sociais).
Manuel Anxo Rei Dopico. Director de Programas Especiais da Dirección Provincial do INSS da Coruña
20,00 h COMPATIBILIDADE DE XUBILACIÓN E ACTIVIDADE LABORAL Ou ECONÓMICA
Informe do EAL e REAF-REGAF do Consello Xeral de Economistas.
Roberto Pereira Costa. Presidente de Economistas Asesores Laborais-Consello Xeral de Economistas
Compatibilidade da pensión de xubilación ordinaria co traballo
Roberto López Vázquez. Director do Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) número 2 da Coruña
20,50 h CLAUSURA
Lugar de celebración
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
Inscricións
Colexiados e persoal dos seus despachos: asistencia gratuíta previa inscrición
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org