Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Curso de formación para auxiliares de auditoría

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
02/01/2014-17/01/2014
Matrícula:
02/01/2014-17/01/2014
Celebración:
20/01/2014-24/01/2014
Formación:
Áreas de formación:
Auditoría.
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña, 20 ao 24 de xaneiro

O presente curso ten por obxectivo dar formación a aqueles titulados, en situación de desemprego preferentemente, que queiran encamiñar o seu futuro no campo da auditoría de contas.

Método

O curso terá unha orientación totalmente práctica e consistirá en coñecer os métodos e procedementos de traballo a realizar por aquela persoa que se integre como auxiliar dun equipo de traballo no ámbito da auditoría de contas.

Bolsa de emprego

Aqueles alumnos que así o desexen poderán incorporar o seu currículo á bolsa de emprego do Colexio de tal modo que cando algún despacho ou firma de auditoría requira persoal para esta actividade poida formar parte do proceso de selección que leve a cabo.

Duración

20 horas lectivas

Datas, horario e lugar de celebración 

Do 20 ao 24 de xaneiro 2014, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña


Matrícula

Colexiados: 250 euros

Outros participantes: 400 euros

 

DESCONTOS

COLEXIADOS

NON COLEXIADOS

Desempregados sen experiencia en auditoría

100 %
(Matrícula gratuíta)

50%

Desempregados con experiencia en auditoría

50%

25%

 

 Para a aplicación dos descontos debe acretidartse a conidición respectiva ante a Secretaría do Colexio unha vez realizada a preinscirpción.

Prazas ofertadas

Dado o carácter absolutamente práctico do curso a impartir unicamente convócanse 25 prazas.

 

Criterios de selección: curriculum vitae, orde de solicitude. (Preferencia desempregados e colexiados).

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade