Lugar de celebración: Santiago de Compostela, Santiago | |||
Preinscrición: 31/10/2013-18/11/2013 |
Matrícula: 31/10/2013-18/11/2013 |
Celebración: 19/11/2013-19/11/2013 |
|
Formación: |
Áreas de formación: Contabilidade, Fiscal. |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
Nesta xornada analizaranse os aspectos fundamentais a considerar no proceso de revisión do peche fiscal e contable do exercicio, revisando as novidades producidas en 2013 en ambos os ámbitos.
Revisaranse todas as novidades fiscais e contables habidas no exercicio 2013 e abordaranse os aspectos prácticos esenciais para un adecuado peche fiscal e contable do exercicio.
Relator
Marceliano Hernández do Canto
Avogado. Socio de Caballero-Velázquez Avogados. Foi docente da Escola de Facenda Pública e do Master de Asesoría Xurídica de Empresas de ICADE
Duración 4 horas lectivas
Data, horario e lugares de celebración
Santiago:
19 de novembro 2013, de 09:00 a 13:00 horas
Facultade de CC. Económicas e Empresariais. Avda. Burgo s/n. Campus Norte
Este curso impartirase tamén na Coruña e Ferrol nas seguintes datas e horarios:
A Coruña:
18 de novembro 2013, de 09:00 a 13:00 horas
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º.
Ferrol:
18 de novembro 2013, de 16:30 a 20:30 horas
Facultade de CC. do Traballo. Campus Universitario de Esteiro
*Importante: a celebración en cada unha das localidades está condicionada a alcanzar un número mínimo de asistentes.
Homologación
As horas de formación deste Curso serán computadas a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento do TAP do Colexio de Economistas da Coruña.
Formación obrigatoria auditores: a asistencia a este curso computa, así mesmo, 4 horas para a formación obrigatoria en auditoría, 2 horas na categoría de auditoría e contabilidade e 2 horas na categoría doutras materias.
Matrícula
Colexiados e persoal dos seus despachos: |
75,00 € |
Outros participantes: |
120,00 € |
Desconto: 10% segunda e sucesivas matrículas
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org