Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
Preinscrición: 27/05/2013-07/06/2013 |
Matrícula: 27/05/2013-07/06/2013 |
Celebración: 10/06/2013-10/06/2013 |
|
Formación: |
Áreas de formación: Contabilidade, Auditoría. |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
Este curso céntrase na aplicación práctica das Normas de Formulación de Contas Anuais de Consolidación (NOFCAC) vixentes, publicadas mediante o Real Decreto 1159/2010 que desenvolve os aspectos contidos no artigo 42 e seguintes do Código de Comercio.
Cun eminente carácter práctico, fixouse o cumprimento dun dobre obxectivo: por unha banda, pretende comentar os aspectos contables máis destacados derivados da aplicación das NOFCAC, e doutra banda repasaremos cales son os procedementos a realizar polo auditor de contas ao auditar contas anuais consolidadas.
Repasaremos de forma máis liviá aqueles aspectos xerais: definición de grupo, métodos de consolidación, proceso de consolidación, etc; e dunha forma máis minuciosa aqueloutros que poidan ser máis controvertidos; consolidación por etapas, cambios de participación, saídas do perímetro de consolidación, consolidación de sociedades estranxeiras, efectos fiscais da consolidación contable e cálculo de diferenzas de conversión.
Faremos unha especial énfase aos aspectos relacionados cos procedementos de auditoría: principais riscos de auditoría relacionados coa consolidación, enfoque para a revisión do proceso de consolidación (principalmente análise dos axustes de consolidación), establecemento da cifra de importancia relativa para o grupo e para os compoñentes, relación con outros auditores, entidades consolidadas domiciliadas no estranxeiro, etc.
No desenvolvemento do curso comentarase a aplicación práctica da actual Norma Técnica de Auditoría de Relación entre Auditores, revisando un modelo de instrucións a enviar aos compoñentes (sociedades que se consolidan).
Repasaremos as notas específicas e o contido das contas anuais consolidadas.
Por último mostraremos a confección de papeis de traballo útiles na documentación do traballo realizado.
Dirixido a
Auditores en xeral, aos responsables da Dirección das firmas consolidadas e a aqueles que se responsabilicen do proceso de consolidación.
En todo caso, é importante remarcar que para asistir ao presente curso, é necesario ter un mínimo de coñecementos no proceso de consolidación tanto dun punto de vista teórico como de aplicación práctica.
Relator
Antonio Ramiro Jaraiz
Economista auditor de Contas
20 anos de experiencia na práctica profesional da auditoría nunha big four.
Revisor de Control de Calidade no convenio ICAC-REA
Colaborador habitual do Departamento de Formación do REA – CGCEE.
Asesor de auditores: implantación de procedementos técnicos.
Duración
8 horas lectivas
HORAS COMPUTABLES A EFECTOS DA FORMACIÓN OBRIGATORIA DE AUDITORES
Data, horario e lugar de celebración
10 de xuño 2013, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
Matrícula
Colexiados e persoal dos seus despachos: 100 euros
Outros participantes: 160 euros
Descontos (non acumulables):
10% segunda e sucesivas matrículas
20% membros do REA e persoal dos seus despachos
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
FORMACIÓN BONIFICABLE POLA FUNDACIÓN TRIPARTITA
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org