Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
Preinscrición: 11/03/2013-20/03/2013 |
Matrícula: 11/03/2013-20/03/2013 |
Celebración: 21/03/2013-21/03/2013 |
|
Formación: |
Áreas de formación: |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
O obxectivo deste seminario é Introducir e expor as características dos diferentes produtos derivados de cobertura (swaps e outros instrumentos) desde unha dobre vertente: (i) no contexto da elaboración de informes periciais en demandas sobre os mesmos, e (ii) analizando cal é o produto óptimo para a cobertura do endebedamento dunha compañía.
Trataranse de ilustrar as características básicas, as vantaxes e inconvenientes e varios exemplos prácticos de como funcionan estes produtos de face a un mellor entendemento destes ante a preparación dun informe pericial e/ou analizar como cubrir a débeda a tipo variable da empresa.
Partindo do caso sinxelo dun swap a tipo fixo, ademais exporanse outro tipo de instrumentos derivados utilizados e ofrecidos pola banca, e que o alumnado poida atopar nas empresas que asesora ou en futuros preitos. Así mesmo, analizaranse os principais incumprimentos lexislativos por parte da banca na contratación deste tipo de instrumentos (con principal enfoque nos swaps).
En definitiva perséguese que o asistente entenda o funcionamento dos swaps de face aos informes periciais que realice e coñeza outros instrumentos derivados de cobertura que poida atopar neste contexto ou na súa actividade.
Relator
David Fernández Fernández
Analista de Mercados e Consultoría Financeira en Atalaia de Investimentos e Consultoría e Axente Financeiro independente de Inversis Banco
Programa
Introdución ao concepto de Swap e as súas derivacións.
- Que é e como funciona un Swap.
- Requisitos para que o Swap sexa un verdadeiro seguro de tipos de interese.
Exemplo práctico de funcionamento dun Swap.
- Exemplo numérico.
- Cando contratar.
Comercialización dos produtos de cobertura por parte da banca.
- Principais problemas dos produtos ofertados.
- Non todos os produtos son un Swap: outros instrumentos comercializados:
- Swap e variantes do mesmo.
- Colar e variantes deste.
- CAP e variantes deste.
- Outros produtos, etc.
Deficiencia na comercialización e lexislación aplicable.
- Desde o RD de 1993 ata a aplicación de MiFID en España.
A importancia do Informe Pericial en demandas deste tipo.
- Como enfocalo.
- Que produtos podemos atopar.
Xestión de endebedamento empresarial e Swaps.
- Como xestionar o risco de tipos de interese.
- Que produtos utilizar e como negociar a súa contratación.
Duración
2 horas lectivas
Data, horario e lugar de celebración
Sede do Colexio de Economistas
C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
21 de marzo 2013
De 17:00 a 19:00 horas
Matrícula
Colexiados e persoal dos seus despachos: 25 euros
Outros participantes: 40 euros
Descontos (non acumulables):
10% segunda e sucesivas matrículas
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org