Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Xornadas de Fiscalidade e Contabilidade

Lugar de celebración: A Coruña
Preinscrición:
08/02/2013-06/03/2013
Matrícula:
08/02/2013-06/03/2013
Celebración:
07/03/2013-08/03/2013
Formación:
Áreas de formación:
Contabilidade, Fiscal.
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña, 7 e 8 de marzo 2013

 

As novidades máis significativas no ámbito fiscal e contable, provenientes tanto de modificacións normativas como de criterios interpretativos, analizaranse nestas xornadas que combinan dúas materias tan interrelacionadas como son a fiscalidade e contabilidade.

O programa contempla aquelas cuestións con cuxa problemática os profesionais xa nos vimos enfrontando, como a Lei de prevención da fraude, os gastos financeiros, os criterios de valoración de PEMES, ou a polémica retribución dos socios e administradores,  entre outras. Ademais abórdase tamén a análise dalgunhas normas que en breve serán implementadas como é o caso da valoración do inmobilizado material, cuxo borrador de proxecto de resolución foi publicado polo ICAC no mes de novembro, atopándose actualmente en fase de audiencia.

Esta actividade formativa está incluída no programa de actividades homologadas a efectos do cumprimento do requisito de formación continuada esixida polo Regulamento de Auditoría, computando cun total de 12 horas (4 horas na materia de contabilidade e auditoría e 8 noutras materias).

Organiza  

 

 

 

Colaboran

 

 

Directores das Xornadas

Agustín S. Fernández Pérez

Secretario Xeral do Colexio de Economistas da Coruña

Vogal do Consello Directivo do Rexistro de Economistas Asesores Fiscais-CGCCEE

 

Manuel Pardo Mosquera

Presidente Adxunto do Colexio de Economistas da Coruña

Vogal do Consello Directivo do Rexistro de Economistas Auditores-CGCCEE

 

Formación obrigatoria

Cómputo de horas a efectos do cumprimento do requisito de formación continuada establecido polo Regulamento de Auditoría; 12 horas  (4 auditoría e contabilidade e 8 outras materias).

As horas de formación deste curso computan, así mesmo, a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento do TAP do Colexio de Economistas da Coruña.

 

Lugar de celebración

Hotel Attica 21. C/ Enrique Mariñas, 34. 15009 A Coruña



Matrícula  (*)

Colexiados: 200,00 €
Membros REA e REAF:180,00 €
Outros participantes: 320,00 €

(*) Desconto: ao persoal dos despachos de aplicaralle a mesma tarifa que corresponda ao colexiado titular.

 

Prazas limitadas. Rigorosa orde de inscrición

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade