Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Peche Fiscal e Contable 2012_Santiago

Lugar de celebración: Santiago de Compostela, Santiago
Preinscrición:
31/10/2012-07/12/2012
Matrícula:
31/10/2012-07/12/2012
Celebración:
10/12/2012-10/12/2012
Formación:
Áreas de formación:
Contabilidade, Fiscal.
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Santiago, 10 de decembro 2012

Nesta xornada analizaranse os aspectos fundamentais a considerar no proceso de revisión do peche fiscal e contable do exercicio, revisando as novidades producidas en 2012 en ambos os ámbitos.

Relator
Marceliano Hernández do Canto
Avogado. Socio de Caballero-Velázquez Avogados. Foi docente da Escola de Facenda Pública e do Master de Asesoría Xurídica de Empresas de ICADE 

Duración 4 horas lectivas

Programa

Revisión de todas as novidades fiscais e contables habidas no exercicio 2012:

-        Derrogación e réxime transitorio da liberdade de amortización para investimentos efectuados desde o período impositivo 2011: réxime transitorio.

-        Limitación do importe deducible do fondo de comercio, incluído o xerado en operacións de reorganización empresarial, en 2012 e 2013.

-        Limitación do importe deducible do inmobilizado intangible con vida útil indefinida, en 2012 e 2013.

-        Novidades en gastos financeiros: supostos nos que non é deducible e supostos nos que se limita o seu deducibilidad.

-        Novidades na aplicación da exención á transmisión de participacións en entidades non residentes.

-        Novidades relativas á compensación de bases impoñibles negativas.

-        Medidas de fomento á produción de longametraxes: dedución por investimentos en producións cinematográficas.

-        Nova dedución por creación de emprego.

-        Novidades na dedución por gastos de formación do persoal no uso de novas tecnoloxías para 2012.

-        Modificación do límite conxunto en 2012 e 2013 para a aplicación de deducións por incentivos ao investimento.

-        Novo prazo para a aplicación de deducións pendentes por incentivos ao investimento.

-        Novidades aplicables aos pagos fraccionados do exercicio 2012: a súa base, porcentaxe e importe mínimo de pago.

-        Novidades no tipo de gravame aplicable ás micropymes.

 

Aspectos prácticos esenciais para un adecuado peche fiscal e contable do exercicio:

 

-        Correcta determinación do resultado contable.

-        Doutrina administrativa máis relevante (ICAC) habida no exercicio.

-        Aspectos fundamentais para a adecuada cuantificación da base impoñible, con especial atención  a gastos, ingresos, criterios de imputación temporal, e axustes valorativos contidos no LIS.

-        Doutrina da DXT máis relevante.

Data, horario e lugares de celebración

Santiago:
10 de decembro 2012, de 16:30 a 20:30 horas
Sede Delegación Colexio. Avenida de Lugo, 115-baixo.

Este curso celebrarase tamén na Coruña e en Ferrol , sempre que se alcance un número mínimo de asistentes.

Homologación
As horas de formación deste Curso serán computadas a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento do TAP do Colexio de Economistas da Coruña.


Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos:

75,00 €

Outros participantes:  

120,00 €

Desconto: 10% segunda e sucesivas matrículas

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade