Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
Preinscrición: 02/10/2012-21/10/2012 |
Matrícula: 02/10/2012-21/10/2012 |
Celebración: 22/10/2012-22/10/2012 |
|
Formación: |
Áreas de formación: Contabilidade, Auditoría. |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
A importancia dunha adecuada aplicación práctica das normas na elaboración dos informes de auditoría, é dunha enorme transcendencia no exercicio da actividade profesional do economista auditor.
Como consecuencia da aplicación das Resolucións de 21 de decembro de 2010 do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, polas que se publican a modificación da sección 3 das Normas Técnicas de Auditoría relativa ás Normas Técnicas sobre Informes e a Norma Técnica sobre Información comparativa, xurdiron, na súa aplicación práctica, unha serie de dúbidas difíciles de interpretar e resolver polo auditor á hora de redactar os informes de auditoría.
Para axudar ao auditor neste contexto, deseñouse este curso, cun enfoque totalmente práctico, con exemplos reais e solucións, para ser comentadas e debater sobre os aspectos sensibles e situacións complexas derivadas da redacción dos informes de auditoría, en aplicación das Resolucións do ICAC de 21 de decembro de 2010.
Os casos prácticos serán expostos por cinco auditores ejercientes de contrastada experiencia.
Na parte final do curso realizarase unha avaliación dos coñecementos adquiridos polos asistentes, a cal, en base ao establecido polo artigo 41.6 do Regulamento da Lei de Auditoría de Contas, posibilitará computar un valor igual ao 150 por cento do tempo de presenza computable a efectos da formación continuada obrigatoria establecida pola devandita norma.
Programa
1. Tratamento dos feitos posteriores, corrección de erros e cambios nas estimacións contables no informe de auditoría.
2. Tratamento da incerteza sobre a aplicación do principio de empresa en funcionamento no informe de auditoría, así como doutras incertezas.
3. Informes especiais de auditoría requiridos pola normativa mercantil.
4. A norma técnica de relación entre auditores en caso de utilización do traballo doutro auditor.
5. O tratamento dos activos por imposto diferido derivados de créditos fiscais no informe de auditoría.
6. A problemática da norma técnica de información comparativa no informe de auditoría.
7. Avaliación dos coñecementos adquiridos polos asistentes mediante a resolución individualizada dun suposto práctico.
Relatores
- Manuel Pardo Mosquera
- Agustín Fernández Pérez
- Ricardo Vara Arribas
- José Antonio López Álvarez
- José Ángel Canalejas Couceiro
Economistas. Auditores de Contas. Membros da Sección REA do Colexio de Economistas da Coruña
Duración
8 horas lectivas
Data, horario e lugar de celebración
A Coruña, 22 de outubro de 2012
Sede do Colexio de Economistas: C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
De 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas
Matrícula e inscricións
Descontos
Non acumulables:
20 % membros REA e persoal dos seus despachos 10 % en segunda matrícula e 20 % en sucesivas matrículas
5 % adicional a quen asistisen ás Primeiras Xornadas Técnicas de Auditoría de Galicia, celebradas o 8 e 9 de febreiro de 2012.
Homologación
Xornada homologada polo REA aos efectos da formación obrigatoria requirida polo Regulamento da Lei de Auditoría de Contas. Tendo en conta que o Curso contará cunha avaliación final dos coñecementos adquiridos, de acordo co establecido polo artigo 41.6 do Regulamento da Lei de Auditoría de Contas, posibilitará computar un valor igual ao 150 por cento do tempo de presenza computable, é dicir 12 horas lectivas.
As horas de formación deste Curso serán computadas igualmente a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento do TAP do Colexio de Economistas da Coruña.
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
FORMACIÓN BONIFICABLE POLA FUNDACIÓN TRIPARTITA (Importante: para conseguir a bonificación é imprescindible realizar os trámites ante a Fundación Tripartita cunha antelación mínima de 7 días antes da celebración do curso).
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org