Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Principios básicos da Norma UNE 27001 sobre protección de datos

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
24/02/2011-14/03/2011
Matrícula:
25/02/2011-14/03/2011
Celebración:
30/03/2011-30/03/2011
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

* Este curso só celebrarase se se alcanza un mínimo de 15 inscritos antes do 14 de marzo

 

Obxectivo

O obxectivo do curso é achegar aos participantes os coñecementos e ferramentas necesarias para a aplicación da lexislación actual sobre a protección de datos de carácter persoal que afecten a todas as organizacións e os sistemas de xestión sobre a seguridade da información.

Está dirixido a persoas coa responsabilidade de xestionar os datos de carácter persoal da súa respectiva empresa ou que pretendan dar inicio nesta actividade profesional, así como a técnicos de sistemas de Información.

Impartido por
Grupo TÜV Rheinland
Trátase dun grupo internacional cunha experiencia de máis de 130 anos en Seguridade e Calidade. Na actualidade, o Grupo compono máis de 115 sociedades con máis de 360 centros en 62 países estando presente en España desde 1981. O propio grupo, experto entre outras áreas en certificación de sistemas de xestión, está certificado desde 2009 segundo a Norma ISO9001:2008

Programa

-          Requisitos da norma ISO 27001.

-          Tipos de datos e niveis de seguridade.

-          Identificación de ficheiros e responsables.

-          Elaboración do documento de seguridade.

-          Información aos afectados

-          Inscrición de ficheiros á Axencia de Protección de datos.

-          Auditorias de xestión dos datos.

-          Sistemas de xestión da seguridade da información (SGSI).

 

Metodoloxía e máximo de participantes

A metodoloxía aplicada consiste en tutelar  o proceso de aprendizaxe individualizada de cada participante grazas á súa implicación en actividades como Métodos de Caso, Simulacións, Prácticas Reais  e Xogos de Rol entre outros.

Dita metodoloxía esixe que o curso non exceda dun número máximo de alumnos que en concreto será de 20 .

Duración

8 horas lectivas

 

Data, horario e lugar de celebración
Mércores, 30 de marzo, de 9:30 a 19:00 horas.
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º, A Coruña

Certificación da formación

TÜV RHEILAND AKADEMIE certifica a formación. Cada certificado ten un carácter único e forma parte da base de datos de persoal certificado polo grupo.

 

Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos:

200,00 €

Outros participantes:  

320,00 €

 

A matrícula inclúe documentación e xantar

 

Descontos:

10% segunda e sucesivas matrículas

 

20 PRAZAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

PRAZO DE INSCRICIÓN: ATÉ O 14 DE MARZO

 

 

Forma de pago

Transferencia bancaria: 2080-0534-50-0040003298
Data límite: unha vez confirmada a praza por parte do Colexio deberá abonarse a inscrición no prazo máximo de 3 días hábiles. Toda inscrición non abonada no devandito prazo perderá a reserva de praza.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade