Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
Preinscrición: 31/05/2012-06/07/2012 |
Matrícula: 04/06/2012-06/07/2012 |
Celebración: 09/07/2012-09/07/2012 |
|
Formación: |
Áreas de formación: |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
A lei 11/2011 de reforma da Lei 60/2003 de arbitraxe e a lei orgánica 5/2011 complementaria da anterior supoñen unha modificación lexislativa en profundidade deste sistema que se moderniza ponse ao día e amplíase a temas societarios, administrativos e internacionais incluíndo as arbitraxes dentro dos ADRS (resolución alternativa de conflitos) moito mais desenvolvidos no ámbito europeo e anglosaxón. Dáse nova redacción a varios artigos da A introdúcense varios novos modificando as competencias xudiciais e modifícanse algúns artigos da LEC e da Lei Concursal.
No relativo á mediación, foi publicado o Real Decreto lei 5/2012 de mediación en asuntos civís e mercantís -áchase pendente de desenvolvemento regulamentario- que a configura como un medio previo alternativo para resolución de conflitos de carácter voluntario, flexible e de fácil tramitación. Así mesmo, dáse nova redacción a varios artigos da LEC para o recoñecemento xudicial da figura e modifícase a Lei de Cámaras de Comercio.
Nesta conferencia, de asistencia gratuíta para colexiados, abordaranse estes 2 sistemas alternativos á vía xudicial de resolución de conflitos.
Relator
Iñigo Ocáriz Gaubeca
Decano do Colexio Vasco de Economistas, Vicepresidente do Consello Xeral de Colexios de Economistas e Presidente do Comité de Resolución Consensuada de Conflitos da Corte de Arbitraxe da Cámara de Comercio de Bilbao
Data, hora e lugar de celebración
A Coruña, 9 de xullo de 2012, ás 19:00 horas
Sede do Colexio de Economistas. (Cabaleiros, 29-1º)
Matrícula
Gratuíta previa inscrición. Inscrición
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org