Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Mediación no ámbito civil, mercantil e concursal

Lugar de celebración: A Coruña
Preinscrición:
17/01/2014-24/01/2014
Matrícula:
17/01/2014-24/01/2014
Celebración:
24/01/2014-27/03/2014
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Xaneiro-marzo 2014 – Semipresencial

(en colaboración coa  Asociación Europea de Arbitraxe e mediación, AEADE-co soporte técnico do REFOR-CGE, Rexistro de Expertos en Economía Forense, órgano especializado do CGE)

Este curso é unha oportunidade única de cumprir cos requisitos normativos e poder rexistrarse como mediador desde o primeiro momento da posta en marcha do Rexistro de Mediadores creado polo recentemente publicado Regulamento de Mediación (Real Decreto 980/2013)

A prema na súa convocatoria débese exclusivamente ao obxectivo de poder aproveitar a posibilidade de alcanzar a formación esixida neste período transitorio - antes da entrada en vigor do Real Decreto- e obter o recoñecemento da mesma de forma directa, para o que a formación debe estar finalizada antes do 27 de marzo. A partir desta data os centros e cursos de formación deberán cumprir unha todo un proceso de homologación, que con toda seguridade vai atrasar moi notablemente o poder exercer a actividade de mediación.

Ser mediador
A mediación é unha actividade que se configura como unha alternativa ao proceso xudicial máis rápida, efectiva e rendible. A lei 5/2012, de 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís, establece os requisitos para ser mediador:

-       Estar en posesión dun título oficial universitario ou de formación profesional superior.

-       Contar con formación específica para exercer a mediación.

Ademais do mediador civil e mercantil, a Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ao emprendedor e a súa internacionalización, introduce a figura do mediador concursal que ao cumprimento dos requisitos anteriores ha de engadir o dos establecidos pola propia normativa concursal.

En definitiva existen tres ámbitos para exercer a mediación: civil, mercantil e concursal.

Formación específica obrigatoria
O pasado 27 de decembro publicouse o Real Decreto 980/2013, de 13 de decembro, polo que se desenvolven determinados aspectos da Lei 5/2012, de 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís. Este regulamento determina, entre outros aspectos, o contido e duración da formación así como que centros poden impartir a mesma.

-       A duración mínima da formación específica do mediador será de 100 horas de docencia efectiva

-       Un 35% ha de ser de carácter práctico.

-       Será impartida por centros ou entidades de formación, públicos ou privados, que conten con habilitación legal para levar a cabo tales actividades ou coa debida autorización pola Administración pública con competencia na materia. Neste sentido os Colexios Profesionais teñen recoñecida pola propia Lei de mediación a función de impulsar e desenvolver a mediación.

Prazos e oportunidade
Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación: o regulamento crea este Rexistro que é de inscrición obrigatoria para os mediadores concursais e voluntaria para os mediadores civís e mercantís.

Solicitude de inscrición no Rexistro: a partir do 1 de abril (loxicamente haberán de cumprirse os requisitos de formación para tramitar a solicitude).

Inicio da publicidade do rexistro: 1 de xuño de 2014.

Recoñecemento da formación realizada antes do 27 de marzo de 2014: esta é a data de entrada en vigor do Regulamento, a súa  disposición adicional primeira establece que a formación específica que con anterioridade recibisen os mediadores  recoñecerase a efectos dos requisitos de formación esixibles.

Relatores
Expertos e especialistas da mediación de distinta procedencia (avogados, economistas, psicólogos, xuíces e maxistrados do mercantil, Rexistradores, Notarios, Representante doº M de Xustiza...) con experiencia en mediación.

Duración
100 horas lectivas

44 horas a distancia (a través de plataforma on-line, dispoñibles desde o 22 de xaneiro). Para o mellor aproveitamento do curso é necesario completar as sesións on-line antes das presenciais.

56 horas presenciais impartidas en 14 sesións, a partir do 11 de febreiro. Impartiranse sempre que sexa posible en horario compatible con xornada laboral (venres tarde – sábados mañá).

Avaliarase o aproveitamento do curso a través da resolución dun exame, tipo test, da parte teórica e da avaliación da parte práctica polos profesores.  A asistencia mínima ás clases presenciais deberá ser do 85%.  Emitirase un diploma acreditativo aos que superen os anteriores requisitos.

Grupos e lugares de celebración
Dado o carácter práctico das sesións presenciais, o número de asistentes está limitado a 30, polo que de haber quórum suficiente organizaranse distintos grupos que poderán impartirse en distintas localidades en función da demanda.

A concreción de datas e localidades para as sesións presenciais realizarase con moita brevidade en función das solicitudes.

Matrícula

Economistas, Titulados Mercantís e persoal dos seus despachos:

700,00 €

Outros participantes:  

1.050,00 €

Prazo máximo de matrícula: 24/01/2014

Desconto: 10% segunda e sucesivas matrículas

Posibilidade de pago en 2 prazos.

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade