Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Operacións entre empresas do grupo: aspectos contables e tributarios

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
28/05/2013-14/06/2013
Matrícula:
28/05/2013-14/06/2013
Celebración:
17/06/2013-17/06/2013
Formación:
Áreas de formación:
Contabilidade, Auditoría.
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Moi frecuentemente a actividade normal dunha empresa está sazonada con operacións realizadas entre compañías do mesmo grupo, e a ausencia de intereses contrapostos pode conducir a valoracións dos activos e dos servizos prestados intragrupo que se aparten da valoración normal  que imporía o mercado.

 

O actual PGC, segundo a versión vixente do RD 1159/2010, dedica a súa norma 21ª á valoración e a contabilización das operacións entre compañías do grupo. A valoración e contabilización destas operacións non resulta un tema pacífico; as numerosas consultas ao ICAC sobre estas operacións evidencian a complexidade da norma contable. Tamén a fiscalidade desde a súa atalaia preocúpase de maneira singular destas operacións, establecendo un particular réxime con severas sancións.

 

Cun enfoque práctico, este seminario ofrece a economistas, auditores, directores financeiros, responsables de administración e finanzas, ... unha dobre visión: por unha banda, nunha primeira parte, trataranse os conceptos contables e os criterios fundamentais para enfocar o tratamento contable das operacións máis habituais entre as compañías do grupo. E completaremos a temática analizando as diferenzas entre a normativa contable e a tributaria na regulación das operacións vinculadas.

 

Duración

8 horas lectivas

HORAS COMPUTABLES A EFECTOS DA FORMACIÓN OBRIGATORIA DE AUDITORES

 

Data, horario e lugar de celebración
17 de xuño 2013,  de 9:30 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 horas

Sede do Colexio de Economistas.  C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

 

Programa e relatores

 

·         Aspectos contables

 

1-  Operacións intragrupo, ¿Que se debe entender por grupo? ¿Ata onde alcanza, que empresas incluír e cales quedan fóra do alcance?

2-  Aplicando o valor razoable: ¿Dispomos dun mercado fiable? ¿Hai transaccións recentes que sirvan de referencia? ¿Que outros métodos de valoración alternativos pódense aplicar?

 

3- E se o anterior falla, ¿que nos queda? ¿Coincide o valor razoable co valor normal de mercado?  ¿Que facer coa diferenza entre o valor atribuído polas partes e o valor que impón a norma?

 

4-  Análise das transaccións máis habituais entre empresa do grupo:

- achegas patrimoniais,

- préstamos participativos,

- avais e garantías,

- contas correntes con socios,

- alugueres operativos e financeiros,

- financiamento intragrupo,

- compravenda de existencias e de inmobilizados,

- retribucións a socios administradores,

- investimentos en empresa do grupo,

- subvencións e axudas,

- cesións de uso,

- gastos da filial soportados pola matriz e inversamente,

- acordos internos de repartición de custos,

- operacións de maquila,... etc.

 

5- Operacións de reestruturación de negocios entre compañías do grupo:

- achegas non dinerarias

- fusións entre sociedades “nai- filla”

- fusións entre sociedades “irmás”

- escisións, totais e parciais

- reducións de capital e  repartición de dividendos, ... etc.

 

6-       Casos prácticos e operacións reais de empresas.

 

Juan Luís Domínguez
Economista. Auditor de contas. ECIF. Profesor Titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Barcelona. Experto en NIC/NIIF e Reforma Contable

9:30 a 14:00 e de 15:30 a 17:00 horas

 

 

·         Aspectos tributarios:

 

As diferenzas entre a normativa contable e a tributaria na regulación das operacións vinculadas:

 

1.- Introdución.

2.- Diferenzas no concepto de partes vinculadas.

3.- Diferenzas na valoración das operacións vinculadas.

4.- Diferenzas nos efectos da valoración das operacións vinculadas por valor distinto ao establecido.

5.- Diferenzas nas obrigacións formais que se derivan do réxime fiscal e contable das operacións vinculadas.

6.- O tratamento das operacións vinculadas no Imposto sobre o Valor Engadido.

 

Eduardo Luque Delgado

Avogado. Vogal do Consello para a Defensa do Contribuínte. Vicepresidente da AEDAF

17:30 a 19:30 horas

 

Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 125 euros

Outros participantes: 200 euros

 

Descontos (non acumulables):

10% segunda e sucesivas matrículas

20% membros do REA e persoal dos seus despachos

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

 

FORMACIÓN BONIFICABLE POLA FUNDACIÓN TRIPARTITA

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade