Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
Preinscrición: 09/04/2013-24/04/2013 |
Matrícula: 09/04/2013-24/04/2013 |
Celebración: 25/04/2013-25/04/2013 |
|
Formación: |
Áreas de formación: |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
A Coruña, 25 de abril 2013
Implantación e certificación da norma de Xestión do Risco Crediticio
A norma de xestión do risco crediticio desenvolveuse en 2006 por mor da colaboración entre a Asociación Alemá e Austríaca de Xestión do Risco Crediticio co obxectivo de normalizar e sistematizar un dos procesos máis relevantes da empresa: a xestión do cobro comercial
Esta norma pretende avaliar o risco da carteira de clientes para facilitar as vendas e os cobros. Os seus obxectivos son optimizar o proceso de facturación, previr a falta de pagamento, optimizar liquidez e dar garantías a terceiros. Tamén establece o perfil do xestor de risco crediticio e establece as responsabilidades asociadas ao posto.
De interese para todos aqueles asociados que queiran dotar dunha nova ferramenta aos seus clientes para mellorar a xestión da empresa así como mostrarlles novas vías de negociación de créditos e seguros de crédito.
Programa e relatores:
A norma desde o punto de vista do usuario e a súa certificación.
Almudena Bouza. Delegada Galicia TÜV Rheinland Group in Spain.
As vantaxes da implantación e certificación da norma desde o punto de vista dos seguros de crédito non tradicionais.
Michael Branson. Xerente de TCRe en España e Portugal.
Deducións fiscais por certificación de proxectos de I+D e Patent Box
No contexto actual, as deducións fiscais por I+D+i constitúen unha das escasas vías de financiamento das empresas xa sexa por proxectos, gastos de persoal investigador ou cesión de tecnoloxía polo que cada vez maior número de empresas están interesadas en acollerse a elas con todas as garantías necesarias.
Nun momento en que o goberno asegurou que se poderán deducir os gastos por I+D+i durante un período de 18 anos no imposto de sociedades, esta xornada tentará aclarar a lexislación vixente e o seu contexto, os procesos sistematizados e as garantías que se obteñen no caso de acompañar as ditas deducións dunha certificación por entidade acreditada.
Programa e relatores:
Lexislación e aproveitamento económico dos investimentos en I+D+i mediante deducións fiscais.
Fases da Certificación dun proxecto de I+D+i e as súas garantías.
Propostas para a certificación do Patent Box.
Enric Nebot. Xerente de Vendas de TUV Rheinland Group
Data, horario e lugar de celebración:
25 de abril de 2013, de 16:00 a 18:00 horas
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
Inscrición:
Gratuíta, dirixida a colexiados e persoal dos seus despachos:
Prazas limitadas, rigorosa orde de inscrición
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org