Fonte: Colexio de Economistas de Ourense
22/04/2015
O Decano do Colexio de Economistas de Ourense, Guillermo Díez Igrexas, e o presidente da Agrupación provincial de Libreiros, José Manuel García Mosquera, asinaron un convenio de colaboración mediante o que un grupo de establecementos ofrecerán trato vantaxoso aos economistas integrantes do Colexio profesional na compra de libros, tanto nos prezos como no sistema de pago. O convenio terá vixencia dun ano, aínda que prorrogable por igual espazo de tempo se non mediase denuncia previa dalgunha das partes. Así mesmo, coa firma deste acordo o Colexio de Economistas e a Agrupación de Libreiros abren a porta á colaboración ou participación conxunta noutras actividades establecendo para iso novas vías ou fórmulas de levalas a cabo.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org