Fonte: Colexio de Economistas de Ourense
06/11/2014
Onte mércores 5 de novembro, tivo lugar na Facultade de CC. EE. e Turismo de Ourense un acto de achegamento e presentación do Colexio de Economistas aos futuros graduados da titulación en Administración e Dirección de Empresas. Acudiron ao acto medio centenar de estudantes próximos a graduarse e moi interesados no seu futuro profesional.
Os encargados este ano de transmitir a súa experiencia persoal e laboral aos asistentes foron, D. Carlos Díaz Pérez, asesor de empresas, D. Luís Hermida-Cachalvite Manzano,director financeiro de Egatel, S.A., e D. Xullo Vila Castro, antiga alumno da facultade de Ourense e actualmente dedicado á Asesoría Fiscal e desde 2012 emprendedor.
O Acto que estivo presidido pola Decana da Facultade, Dª Elena Rivo López, desenvolveuse nun ambiente cálido e moi participativo. Para finalizar o mesmo, o Decano do Colexio de Economistas de Ourense, D. Guillermo Díez Igrexas, comentou aos alumnos algunhas das vantaxes da colegiación e a importancia de pertencer a unha corporación que vela polos intereses da profesión dos economistas.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org